Sada urxe actuacións para rexenerar a fachada marítima

06/04/2018

Sada urxe actuacións para rexenerar a fachada marítima

O bordo litoral e a fachada marítima de Sada é un dos sinais de identidade básicos de Sada. A sua posta en valor é un obxectivo prioritario para o goberno, en especial para a súa reforma e renovación urbana, inclúindo as actuacións de accesibilidade e mellora dos espazos públicos (viarios, beirarúas, espazos libres e zonas verdes), cuxo tratamento debe ser obxecto dunha proposta integral, que nunha primeira fase abarcará desde o entorno da antiga cafeteria Nautico ata o Curruncho, incluíndo unha reordenación da Rua da Praia. E para elo é imprescindible contar co acordo conveniado coa Demarcación de Costas.


Sada, 6 de marzo 2018.

O alcalde de Sada, Benito Portela, remitiu esta mañá unha carta ao xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, solicitando unha reunión “á maior brevedade posible” para trasladar o acordo plenario do pasado mércores onde se insta complementariamente á demarcación de Costas-Ministerio de Medio Ambiente á sinatura dun convenio co Concello de Sada para materializar actuacións de mellora ambiental e de reforma e rexeneración urbana na superficie do bordo litoral urbano e da súa fachada marítima.

O bordo litoral e a fachada marítima de Sada é un dos sinais de identidade básicos de Sada. A sua posta en valor é un obxectivo prioritario para o goberno, en especial para a súa reforma e renovación urbana, inclúindo as actuacións de accesibilidade e mellora dos espazos públicos (viarios, beirarúas, espazos libres e zonas verdes), cuxo tratamento debe ser obxecto dunha proposta integral, que nunha primeira fase abarcará desde o entorno da antiga cafeteria Nautico ata o Curruncho, incluíndo unha reordenación da Rua da Praia. E para elo é imprescindible contar co acordo conveniado coa Demarcación de Costas.

“O obxeto do proxecto debe ser definir a mellora ambiental e a reforma e renovación da fachada marítima entre o Naútico e o Curruncho” destaca Portela que destaca que o “conxunto do bordo litoral debe ser entendido como un organismo territorial vivo e en equilibro coa trama urbana e a Praia”.

O alcalde de Sada comunícalle ao xefe de Costas o acordo plenario polo que se insta á Administración Xeral do Estado á licitación urxente dun novo proxecto de actuación na Praia de Sada para, previa a súa avaliación ambiental, poder executalo materialmente á maior brevidade posible, e co compromiso dunha dotación orzamentaria non menos que o proxecto anteriormente desistido.

O Concello de Sada entende que ditas actuacións deben ser prioritarias dado o carácter estratéxico que ten para o conxunto da cidadanía sadense.

Portela trasladou ao pleno a súa “esixencia ao goberno do estado para que asuma o deber inaplazable de cumplir co pobo de Sada”. “É urxente, indica el alcalde, licitar de inmediato a redación dun novo proxecto ambiental, comprometendo orzamento e concretando prazos, para que unha praia de Sada ambientalmente sostible poida ser unha realidade a maior brevidade posible” e comunicou  que o pasado 19 de marzo, o mesmo día que a Dirección Xeral General de Sustentabilidade da Costa e do Mar comunicaba a decisión de desistimiento do procedemento de licitación da actuación ambiental na praia de Sada,enviou unha carta á Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, onde lle indicaba que “tras dúas licitacións erradas da actuación, considero a miña deber transmitirlle a miña máis profundo malestar ante a situación xerada en todo este tempo”.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Administración local, obras e servizos. Urbanismo e emprego. Sada.

Temas:
Economía. Turismo. Urbanismo. Mobilidade. Medio ambente. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA