SADA SEDE DA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS NA RESERVA DA BIOSFERA

18/01/2018

SADA SEDE DA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS NA RESERVA DA BIOSFERA

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS NA RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

HUMIDAIS PARA UN FUTURO URBANO SOSTIBLE

3 FEBREIRO 2018 NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE SADA


Este ano imos celebrar o Día Mundial dos Humidais na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo con esta xornada tan interesante: Humidais para unFuturo Urbano Sostible.

A actividade pretende dar a coñecer o valor ecosistémico dos humidais, a situación en Galicia e perspectivas de futuro, e a súa relevancia como espazos educativos, para rematar cunha mesa redonda sobre os humidais e espazos protexidos no territorio da Reserva da Biosfera. 

 Data: Sábado 3 de febreiro
 Lugar: Salón de Actos do Concello de Sada
 
Asistencia de balde, prazas limitadas
 Máis información e inscricións

PROGRAMA

09.45 h. Recepción de participantes e acreditacións.

10.00 h. Inauguración e presentación da Xornada.

  • D. Óscar Benito Portela Fernández. Alcalde do Concello de Sada.
  • Dna. Ana Mª Díaz López. Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.
  • D. José A. Santiso Miramontes. Presidente do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” (MCeTM).
  • D. Delmar Blasco. Secretario Xeral da Convención de Humidais Ramsar (1995-2003)

10.30 h. O valor ecosistémico e social dos sitios RAMSAR. Presenta: D. Xosé Lois Suárez Becerra. Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada.

  • D. Delmar Blasco. Secretario Xeral da Convención de Humidais Ramsar (1995-2003)

11.00 h. Situación dos humidais en Galicia e perspectivas de futuro. Presenta: D. Jorge Blanco Ballón. Xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

  • D. Pablo Ramil Rego. Secretario do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB da UNESCO.

11.30 h. Pausa- Café.

12.00 h. A importancia dos humidais como espazos educativos. Presenta: D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

  • D. Óscar Cid Favá. Asesor da Comisión de Educación e Comunicación da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN).

12.30 h. Mesa- Redonda: A Rede de Espazos Naturais da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Modera: Dna. Cristina Carrión Conde. Xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña

  • Dna. María Jesús García Souto. Alcaldesa do Concello de Sobrado.
  • D. Ricardo Sánchez Oroza. Alcalde do Concello de Miño.
  • D. Xosé Lois Suárez Becerra. Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada.
  • Dna. Mª Carmen Iglesias Iglesias. Técnico de Medio Ambiente do Concello de Abegondo.
  • Dna. María Couto López. Técnico de Medio Ambiente do Concello de Carral. 13.30 horas: Clausura.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Avisos. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada.

Temas:
Formación. Urbanismo. Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.