Sada remata os actos contra a violencia de xénero coa representación teatral "Lazos de vida" dirixida polo escritor sadense Antonio Hidalgo

07/12/2016

Sada remata os actos contra a violencia de xénero coa representación teatral "Lazos de vida" dirixida polo escritor sadense Antonio Hidalgo

A concellería de Benestar e Igualdade remata este venres coas actividades programadas na campaña contra a violencia de xénero coarepresentación teatral "Lazos de vida" dirixida polo escritor sadense Antonio Hidalgo, e que conta coa colaboración de Pepe Piña, músico e cantautor.


Sada 7 decembro 2016

“Este ano, destaca a concelleira de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, comezamos a preparar a campaña involucrándonos en Sada en Negro onde máis de 70 establecementos empresariais tinguiron de negro os escaparates doe Sada”.

Coincidindo co Día da Violencia de Xénero, o venres 25 de novembro, o auditorio da Casa da Cultura Pinto Lloréns acolleu a xornada “Educando en Igualdade” onde os centros educativos do municipio proxectaron el material audiovisual do seu traballo desenvolvido ao longo  do curso escolar nos obradoiros “Educando en Igualdade”.

“Participamos activamente, continúa a concelleira, na Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero e programamos a presentación teatral Irene Mendiluce a cargo da agrupación de teatro IES María Casares de Oleiros. Agora poñemos fin aos actos coa  representación teatral Lazos de vida o próximo venres 9 de decembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura onde o escritor Antonio Hidalgo organiza e dirixe unha representación teatral coa colaboración de mozos e mozas sadenses”.

O escritor sadense Antonio Hidalgo é autor de  "El Beso de la araña", unha novela baseada en varios casos de violencia machista. Desta vez, conseguiu reunir a máis de 15 persoas de Sada que de xeito desinteresado participan nesta escenificación, representando a matanza de 14 mulleres nun centro educativo de Montreal en 1989.

As actividades programadas desde a concellería rematan coa obra teatral “pero eso non significa que rematemos o traballo desde a concellería”, indica Reimundez, “todos os días son 25 de novembro, e temos que estar moi concienciados, moi alertas e traballar cada día para educar e trasladar á sociedade que temos que por fin a esta lacra social” 

Arquivado en:
Novas. Benestar social e igualdade.

Temas:
Benestar Social. Formación. Educación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA