Sada recomenda un uso axeitado da auga

22/06/2017

Sada recomenda un uso axeitado da auga

-Tomando como base as recomendacións de varias organizacións así como da empresa EMALCSA, a concellería de Obras e Servizos ven de publicar recomendacións para o aforro da auga no fogar.


Sada, 22 de xuño 2017.

“Debemos coidar os nosos recursos hidrolóxicos con medidas que reduzan o consumo de auga potable, indica o concelleiro de Obras e Servizos Miguel Tenreiro, e ser conscientes de que debemos aforrar no consumo de auga con medidas sinxelas que podemos realizar no día a día”

Actividades cotiás como lavarse os dentes, pór a lavadora ou regar as plantas poden supor o aforro de miles de litros nun fogar polo que desde a concellería realizouse unha infografía con oito recomendacións básicas.

“En total, sinala o concelleiro Miguel Tenreiro, se somos  coidadosos no consumo diario da auga podemos aforrar 1.000.000 de litros de auga ao ano nun fogar”.

As recomendacións da publicación da concellería de Obras e Servizos van desde as referentes ao aseo diario como “coa billa aberta lavarse as mans 3 veces ao día supón malgastar 60 litros de auga” ou “ducha no lugar de baño supón aforrar 150 litros de auga” ás propias da época estival como “en horas de sol se evapora a 30% da auga. Regar as plantas pola noite aforra auga” ou “dunha mangueira xorden 40 litros/minuto. Se limpas a  terraza con basoira e recolledor aforras 400 l/auga”

Tamén se recomenda “instalar dispositivos de aforro en billas e duchas supón un reducir un 50% de consumo de auga” e o aforro nos electrodomésticos que consumen auga “Lavalouzas e lavadoras eficientes e a carga completa +50% aforro da auga”

Aínda que sexa un recurso natural renovable, o mal uso da auga pode levar á súa limitación e vulnerabilidade. A auga, aínda que sexa moi abundante non é un recurso inesgotable, contamínase con extrema facilidade e unha vez contaminada a recuperación da súa pureza, se esta é posible, faise moi ardua.


Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Economía. Saúde. Vivenda. Medio ambente. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA