Sada realiza a instalación de novos servizos e pavimentación así como a substitución delas redes principais e as súas acometidas na rúa do Río e na Travesía da rúa da Obra

15/02/2017

Sada realiza a instalación de novos servizos e pavimentación así como a substitución delas  redes principais e as súas acometidas na rúa do Río e na Travesía da rúa da Obra

Trátase en particular de substituír os tramos de infraestruturas básicas situados en chan público, acometidas de servizos de auga, saneamento e pluviais, así como instalar unha canalización subterránea para iluminación pública.


Sada, 15 febreiro 2017 

Coas obras que se proxectan a concellería de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro, pretende realizar a substitución das acometidas aos edificios e a separación das augas residuais e pluviais como se veu facendo noutras zonas comerciais.

Así mesmo instalaranse os tramos necesarios de tubaxe para dirixir as augas provenientes das cubertas dos edificios existentes directamente do colector subterráneo que se proxecta e instalaranse os tramos que se consideren necesarios de canalizacións subterráneas para proporcionar subministración eléctrica e telecomunicacións ás vivendas existentes.

Actualmente algún destes servizos atópanse grapados ás fachadas dos edificios e en casos atravesan as rúas con vans aéreos. Finalmente proxéctase a substitución do 100% do pavimento, con plaqueta prefabricada para o paso de peóns e un pavimento vehicular de lastro ambos os separados por un bordo de granito gris a imaxe e semellanza das demais rúas do centro comercial aberto, para conseguir unha maior e mellor mobilidade peonil. O orzamento da obra ascende a 104.379€.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Administración local, obras e servizos. Urbanismo e emprego. Sada.

Temas:
Subvencións e axudas. Urbanismo. Mobilidade. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA