Sada proxecta a rehabilitación integral do sistema viario do polígono industrial de Coiro

21/12/2017

Sada proxecta a rehabilitación integral do sistema viario do polígono industrial de Coiro

O goberno municipal de Sada quere pór solución ás carencias do polígono industrial de Coiro, unha área que, a pesar da súa alta ocupación, presenta danos importantes, nun tramo onde a estrada, o Nacional-V, está desdobrada e o acceso principal ás empresas sitúase nunha área de dominio público adscrita ao Ministerio de Fomento.


Sada, 20 decembro 2017.

O goberno municipal, que propuxo onte ao pleno incluír as obras de acondicionamento do polígono industrial de Coiro, na parroquia de Soñeiro, dentro do Plan Complementario da Deputación Provincial da Coruña de 2018, exporá ao Estado a cesión, mediante convenio, dunha parte da superfi cie actualmente da súa titularidade ?que se atopa máis aló da vía de servizo? ao Concello de Sada.

Baixo a denominación Proxecto de Rehabilitación do Sistema Viario do Polígono de Coiro, a proposta municipal contempla acondicionar o firme en toda a superfi cie (máis de 2.700 metros cadrados), reordenar os aparcadoiros na parte dianteira das naves existentes con prazas de estacionamento en batería, e dotar a contorna dunha nova canalización de augas pluviais e unha senda peonil, sendo esta unha demanda constante dos veciños da zona desde hai anos, xa que nese mesma contorna emprázase a parada do autobús, agora rodeada de maleza e barro nos días de choiva, cos riscos que isto implica nas marxes dunha vía coa densidade de tráfi co que rexistra o Nacional-V.

Orzamento

Segundo o proxecto, o orzamento de licitación das obras, que se acometerían no prazo de dous meses, ascende a 232.261,85. Esta é unha do oito actuacións que lse presentaron ao pleno de onte para realizar actuacións en distintos puntos do termo municipal, e que en total suman algo máis de 1 millón de euros.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Administración local, obras e servizos. Urbanismo e emprego. Soñeiro.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Urbanismo. Mobilidade. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA