Sada presenta os orzamentos do 2017 con aumentos nas áreas de emprego, educación, servizos sociais e servizos básicos.

30/03/2017

Sada presenta os orzamentos do 2017 con aumentos nas áreas de emprego, educación, servizos sociais e servizos básicos.

-O orzamento do ano 2017, que se presenta hoxe a pleno, aumenta un 6,7% con respecto ao do ano anterior quedando en 12.156.880€.


Sada, 29 de marzo 2017.

O goberno municipal de Sada presenta no pleno de hoxe os orzamentos correspondentes a o ano en curso cun aumento do 6,7% con respecto ao pasado ano (os primeiros aprobados desde 2013) establecendo un total de 12.156.880€ de gastos e ingresos.

Sen apenas variacións no capítulo 1 de gastos de persoal (-0,22%) o orzamento presenta un aumento no capítulo 2, de gastos en bens correntes e servizos básicos, de 12,34% pasando de 6.812.666€ a 7.653.687€. Elimínanse o capítulo 3 de gastos financieros pasando a cero e baixan as transferencias correntes un 2,70%.

Existen neste orzamento variacións cualitativas que pasan por un incremento de gasto nos servizos básicos, protección social e bens públicos preferentes. A suba máis significativa prodúcese nos servizos públicos básicos que engloba á policía local, servizo de emerxencia municipal, saneamento, alumeado ou medio ambiente, aumentando un 12,27% chegando este ano aos 6.085040€. Neste capítulo destaca a compra da auga, o incremento do gasto estimado para a nova licitación de limpeza viaria, o incremento de gasto do matemento de praias así como o aumento do gasto en medio ambiente.

En canto ao capítulo de  protección social aumenta un 9,61% con repecto ao ano anterior aumentando as partidas de servizos sociais, xuventude e emprego. Significativo neste capítulo o incremento das partidas destinadas a dependencia e outras actividades de servizos sociais e para as actividades de fomento de emprego.

Aumenta tamén o capítulo de bens públicos de carácter preferente (no que se incluen as áreas de sanidade, educación, cultura e deportes) nun 3,94% cunha suba de preto de 100.000€ que se traducen principalmente no aumento do gasto en actividades culturais e de fomento da lectura así como investimento en instalacións.

Capítulo de Gastos.

Os orzamentos do ano 2017 contemplan un investimento total de 1.082.017€ en servizos sociais, con mención espacial ao SAF dependencia,  e tamén en promoción social.

En Educación a partida aumenta ata os 909.666€ en educación onde se inclúen o funcionamiento de centros de enseñanza preescolar e primaria, as escolas infantís e os servizos complementarios de educación, mención especial aos gastos de mentemento do centro escolar de Mosteirón que por primeira vez se incúen no orzamento despois de que o goberno municipal desbloquease un problema enquistado desde hai máis de 10 anos..

Á seguridade e movilidade cidadá destínase un total de 1.106.912€, ó capitulo de Benestar comunitario cerca de 4.000.000€, o  área de Cultura 897.817€ e a Deportes 481.300€.

Dentro do orzamento tamén se contemplan as partidas de comercio e turismo (112.111€), infraestructuras (112.000€) e servizos de carácter xeral (1.170.824€)

Capítulo de Ingresos

No tocante aos impostos indirectos no exercicio 2016 o goberno municipal decidiu a baixada do tipo mínimo do IBI, pasando este do 0,60% ao 0,50%. A Deputación Provincial estimou un exceso na recadación do dito exercicio polo que no 2017 aplicará unha compensación de 350.000€. Non obtante na baixa non se prevé unha disminución tan sensible na recadación para o 2017.

En canto as transferencias correntes a suba no capítulo explícase polo incremento neto a recibir en concepto de participación nos ingresos do Estado que ascende a uns 180.000€, esto é debido a previsión de incremento na achega estatal, pero sobre todo pola finalización de compensación das liquidacións negativas polos ingresos a conta nos anos 2008 e 2009. Aumentan tamén as achegas asignadas para dependencia da Xunta de Galicia aínda que en menor medida do que aumentou o gasto previsto para este capítulo.

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Benestar social e igualdade. Mosteirón. Urbanismo e emprego. Osedo. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada. Soñeiro. Deportes. Veigue. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Benestar Social. Economía. Subvencións e axudas. Emprego. Formación. Saúde. Educación. Urbanismo. Vivenda. Mobilidade. Medio ambente. Cultura. Deporte. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA