Sada premiada pola sustentabilidade na reciclaxe de vidro.

04/11/2016

Sada premiada pola sustentabilidade na reciclaxe de vidro.

Sada recibiu o  galardón "Iglú Verde" por superar a cifra de reciclaxe de vidro respecto ao ano anterior. O premio é un recoñecemento ao compromiso de cidadáns e profesionais hostaleiros coa reciclaxe de vidro e a sustentabilidade. O alcalde de Sada, Benito Portela, xunto ao alcalde de Oleiros, outro dos concellos premiados, recibiron de mans de Ecovidrio os galardóns que premian a concienciación da sustentabilidade.


Así mesmo, un establecemento hostaleiro de Sada, que participou na campaña de sensibilización, resultou premiado na iniciativa levada a cabo de forma paralela a través da web "Toma nota, recicla vidro". O premio consistente nun un Pack Experiencia Paradores de dous días de duración correspondeu á Cafetería Panaderia Carnoedo.

Datos de reciclaxe de vidro en Sada.

Segundo os últimos datos relativos a 2015, os cidadáns sadenses, reciclaron un total de 235.480 kg, o que supón 15,6 kg/hab. Nos meses de xullo e agosto, meses de maior actividade hosteleira, a reciclaxe aumentou un 26% con respecto ao ano 2015. O alcalde de Sada, Benito Portela, felicitou á cidadania e en especial ao sector hosteleiro por colocar a Sada á cabeza de reciclaxe de vidro e de sustentabilidade ambiental.

Respecto da taxa de contenerización, Sada sitúase cunha media de 157 habitantes por colector contando na actualidade cun total de 96 iglúes para os residuos de envases de vidro instalados no municipio.

Ecovidrio multiplicou o alcance e dimensión do seu Plan Verán. Nesta edición, un total de 64 establecementos hostaleiros de Sada, colaboraron coa entidade, un dato importante dada a influencia do sector hostaleiro, que xera o 50% dos residuos de envases de vidro dun só uso. Ademais, a época estival é vital para a reciclaxe de vidro polos altos índices de consumo que se xera deste tipo de envases.

Os excelentes resultados obtidos conseguíronse grazas á campaña de sensibilización e dotación de medios dirixida aos profesionais hostaleiros. 

Así mesmo, a entidade ampliou a frecuencia de recollida de vidro para xestionar adecuadamente a elevada afluencia de visitantes e o aumento da actividade no sector hostaleiro. 

Sobre Ecovidrio

Ecovidrio é a entidade sen ánimo de lucro, encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, desde 1998. A compañía encárgase de xestionar integramente a cadea de reciclaxe, mediante a recollida selectiva, o transporte, o tratamento de envases de vidro e a súa posterior comercialización.

Ecovidrio proporciona un servizo público, universal e gratuíto para o cidadán e pon a disposición das compañías que envasan os seus produtos en vidro un modelo de xestión eficaz e eficiente, tanto desde a perspectiva ambiental como económica.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá.

Temas:
Turismo. Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA