Sada organiza un curso gratuito de manipulación de alimentos frescos

27/06/2018

Sada organiza un curso gratuito de manipulación de alimentos frescos

A concellería de Urbanismo e Emprego oferta 25 prazas no curso onde terán preferencia as persoas empadroadas en Sada

 


Sada 27 xuño 2018.

A Concellería de Urbanismo e Emprego, a través da AEDL, organiza dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME) un Curso de manipulación de alimentos frescos, integramente subvencionado polo Concello, de interese para todas aquelas persoas que están en contacto co sector pesqueiro, comedores infantís, coa hostalaría e a alimentación en xeral.

O obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 109/2010, de 5 de febreiro (BOE 19/02/2010) que está vixente na actualidade, e para concienciar dos perigos potenciais que conleva a contaminación dos alimentos, coñecer as causas que provocan intoxicacións alimentarias, saber aplicar as medidas preventivas necesarias para evitar a contaminación dos alimentos, realizar unha limpeza e desinfección correcta dos utensilios e das instalacións, levar a cabo un aseo e unha hixiene persoal correcta, adquirir os coñecementos básicos do Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) e das Guías de Prácticas correctas de Hixiene (GPCH) a aplicar na área específica de traballo e cumprir e coñecer a lexislación sanitaria vixente referente aos manipuladores de alimentos.

Data e hora: venres 6 de xullo de 2018 de 09:30 a 13:00 horas

Lugar: Sala de conferencias do local da OMIX, Praza da Pescadería, s/n

Prazas: 25 persoas Selección: terán preferencia as persoas empadroadas en Sada Para inscribirte ao curso, só tes que cubrir o seguinte formulario

Prazo: Ata o luns 2 de xullo ás 12:00 h.

Para máis información pode chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 620.765.150

Custo: GRATUITO, está integramente subvencionado polo Concello

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Avisos. Urbanismo e emprego. Sada.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Formación. Saúde. Urbanismo. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA