Sada oferta un curso gratuito de operario de tratamento de cefalópodos

20/07/2018

Sada oferta un curso gratuito de operario de tratamento de cefalópodos

O Concello de Sada a través da Concellería de Urbanismo e Emprego, que dirixe Francisco Montouto, organiza dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego un Curso gratuito de Operario polivalente de tratamento de cefalópodos nos meses de agosto e setembro na nosa localidade.

Inscrición en liña


Esta acción formativa conta con 85 horas de duración (25 horas teóricas e 60 horas de prácticas en empresa) e ten a finalidade de capacitar ás persoas participantes para a realización de operacións específicas de recepción, preparación e elaboración de cefalópodos (sepia e gambón).

A finalidade é que o alumnado adquira coñecementos cara a realización de operacións específicas de recepción, almacenamento, expendeduría, preparación e elaboración de moluscos e produtos derivados, de acordo á normativa técnico sanitaria vixente e aos sistemas de xestión medioambiental, calidade, seguridade e saúde laboral.

Duración: 85 h. (25 teóricas e 60 prácticas)

Datas e horario:

- Parte teoría: do 27/08/18 - 31/08/18 de 9:00 h. a 14:00 h.

- Parte práctica, do 03/09/18 - 21/09/18 (de luns a venres 4 horas ao día)

Nº de prazas: 15

Requisitos: Preferentemente estar empadroado/a en Sada e dispoñibilidade horaria

Selección: 21/08/2018 ás 10:00 h, en función de baremo e entrevista persoal, na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en Sada na Avenida da Mariña, Nº62.

Prazo de inscrición: ata o martes 14 de agosto ás 14:00 h.

Inscrición: Cubrindo este cuestionario 

Para máis información da acción formativa ou do proceso de inscrición e participación na mesma, pódese realizar consulta na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local no seguinte correo electrónico aedl@concellodesada.comemprego@sada.gal ou no teléfono n.º 981620075; 687676854.


Arquivado en:
Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Avisos. Urbanismo e emprego. Sada.

Temas:
Economía. Emprego. Formación. Educación. Urbanismo. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA