Sada oferta 5 prazas para a obtención do certificado de profesionalidade en Socorrismo Acuático

09/02/2017

Sada oferta 5 prazas para a obtención do certificado de profesionalidade en Socorrismo Acuático

No marco do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, está previsto a impartición dos certificados de profesionalidade en Socorrismo Acuático.

SOCORRISMO 2017_proceso inscricion

Formulario Inscripción_SOCORRISMO

Anexo I Documentación Solicitude_SOCORRISMO

Anexo II CALENDARIO DE PROBAS FÍSICAS _SOCORRISMO


Sada 9 febreiro 2017

SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 HORAS (340 formación teórica e 80 formación práctica) 

SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 370 HORAS (290 formación teórica e 80 formación práctica)

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña e na Casa da Auga e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia.

Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista o 6 de marzo de 2017 en horario de 9:00 a 14:00 h. e logo da tempada de praias, previsiblemente en outubro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas física de acceso só se admitirá un máximo de 5 inscricións para o Concello de Sada.

O prazo de inscrición será ata o próximo LUNS 13 DE FEBREIRO ás 14:00 horas. (formulario de inscrición e informe médico)

Nos documentos que se achegan, detállase toda a información relativa ao proceso de inscrición e á selección das persoas participantes, así coma o calendario previsto para ambas as dúas accións formativas.

As persoas interesadas deben dirixirse a Axencia de emprego e desenvolvemento local do concello ( AEDL Concello de Sada na Avda da Mariña, 46 - 1º) ou chamar ao teléfono 881 929 057/981 620 075 –ext. 259, para realizar a súa inscrición

 

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Mosteirón. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Deportes. Veigue.

Temas:
Subvencións e axudas. Emprego. Formación. Educación. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA