Sada licita obras por valor de medio millón de euros para a mellora de camiños en todas as parroquias

22/01/2018

Sada licita obras por valor de medio millón de euros para a mellora de camiños en todas as parroquias

O Concello de Sada anuncia a licitación de un paquete de obras en camiños de todas as parroquias do municipio así como a mellora dos servizos no tramo esquerdo da República Arxentina. O anuncio das licitacións publicouse no Boletín Oficial da Provincia, o 15 de xaneiro, e tamén se publicaron os proxectos e as claúsulas administrativas no Perfil do Contratante.


Sada, 22 xaneiro 2018.

En total a concellería de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro, vai realizar obras en vintecatro camiños nas parroquias do municipio. O proxecto dá reparación do camiño de Machado (Mosteirón) a Fraga (Osedo) e outros cinco caminos; a reparación do camiño de San Pedro (Veigue) a Taibó (Carnoedo); a mellora da seguridade vial no camiño de A Condesa en Castelo (Osedo) e outros cinco camiños e a mellora de seguridade vial no camiño de a Xesteira (Carnoedo) e 10 caminos máis en Meirás, Mondego e outras parroquias do termo municipal. As catro licitacións ascenden a 362.859,94€ que o goberno local financia con fondos propios.

Ademáis dos anteriores proxectos a concellería de Obras e Servizos publica tamén a licitación, por procedemento aberto, da obra de pavimentación de beirarrúa e mellora dos servizos afectados no tramo esquerdo da Avenida República Arxentina por un importe de 135.000€ que o goberno local financia con fondos propios do remanente. As obras previstas de pavimentación e servizos de residuais e pluviales se levarán a cabo na beirarrúa da avenida concretamente no tramo que vai desde a edificación sita no nº 13 ata o nº 53. 

 

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Urbanismo. Mobilidade. Participación cidadá. Obras e servizos.

AXENDA