Sada lembra a obriga de manter limpas as parcelas e fincas antes do 31 de maio

16/05/2018

Sada lembra a obriga de manter limpas as parcelas e fincas antes do 31 de maio

-O Concello de Sada lembra nun Bando aos seus veciños a obrigación de ter as súas parcelas limpas antes do 31 deste mes, en aplicación da Lei do Solo e a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia


 

Sada 15 de maio 2018

O alcalde, Benito Portela, lembra nun Bando que os propietarios de parcelas e fincas deberán xestionar a súa biomasa vexetal, e dicir, manter limpas e desbrozadas as fincas da súa propiedade antes de que finalice este mes para evitar que se produzan lumes.

Se en quince días naturais, unha vez finalizado o prazo para limpiar as parcelas, os propietarios non acometen os traballos de limpeza o Concello, ou administracións públicas competentes, poderá proceder á execución subsidiaria dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos as persoas responsables e, de ser o caso, ao decomiso das especies arbóreas prohibidas, sen prexuicio do procedemento sancionador que corresponda.

Lembra o Concello que no caso de execución subsidiaria os  propietarios teñen a obriga de facilitar ás entidades responsables dos traballos o acceso ás súas parcelas. 

A obrigatoriedade de limpeza de fincas afecta a todas aquelas parcelas situadas no solo urbán, núcleo rural e solo urbanizable. Os propietarios deberán ter limpa unha franxa de 50 metros ata edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, campins, gasoliñeiras e parques e instalación industriais, e dende construccións illadas en solo rústico.

Deben lembrar asi mesmo que nos núcleos, e na súa franxa de protección de 50 metros, non poderá haber especies arbóreas prohibidas tales coma piñeiro, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga, carqueira, xesta uz, carpaza, xesta piorno, fento, silva e toxo.

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Avisos. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Urbanismo. Vivenda. Medio ambente. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Maiores.

AXENDA