Sada insta o Goberno español a promover as iniciativas necesarias para unha solución xusta no Sahara

29/02/2016

Sada insta o Goberno español a promover as iniciativas necesarias para unha solución xusta no Sahara

- A fachada do Concello luce desde onte a bandeira do Sáhara Occidental con motivo do 40 aniversario da proclamación da Repúlica Saharaui.

- Sada valora firmemente o traballo levado a cabo pola SGPS nos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria) e nos territorios ocupados e agradece a "colaboración desinteresada" e a xenerosidade veciñal no programa Vacacións en Paz 

Sada, 28 febreiro 2016.


A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SGPS) instou aos concellos de Galicia que reclamen o apoio das corporacións con motivo do cuadraxésimo aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD). A Corporación de Sada aprobou o pasado xoves unha a moción nese sentido.

O concello de Sada reafirma o seu recoñecemento da RASD e do Fronte Polisario e manifesta "o dereito de autodeterminación que asiste ao pobo saharauí", insta ó Goberno español a promover as iniciativas necesarias para unha solución xusta mediante un referendo e pide ás autoridades marroquís que cesen as persecucións contra os activistas saharauís de dereitos humanos e que libere aos presos políticos. 

Na moción aprobada polo Concello de Sada, de cuxa fachada se colgou onte unha bandeira do Sáhara Occidental, tamén se insta o Estado español a asumir a súa responsabilidade histórica para que traballe na UE e aproveite a súa presenza no Consello de Seguridade da ONU para ampliar a vixilancia dos dereitos humanos no Sahara.

O Concello valora firmemente o traballo levado a cabo pola SGPS nos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria) e nos territorios ocupados e agradece a "colaboración desinteresada" e a xenerosidade veciñal no programa Vacacións en Paz que o pasado verán celebrou a súa apertura na localidade sadense.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas.

Temas:
Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Turistas.

AXENDA