SADA EDUCA 2017-2018

29/09/2017

SADA EDUCA 2017-2018

29/09/2017 - LISTAXE DEFINITIVO ADMITIDOS SADA EDUCA 2017-2018

20/09/2017 - LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA SADA EDUCA 2017-2018 

 20/09/2017 - BAIXA ACTIVIDADES SADA EDUCA. 2016-2017

20/09/2017 - MODELO DESIGNACIÓN DE CONTA BANCARIA

BASES PARTICIPACION NO PROGRAMA SADA EDUCA. CURSO 2017-2018

FOLLETO INFORMATIVO SADA EDUCA 2017-2018

INSCRICIÓN EN LIÑA 

DESCARGA DA FOLLA DE INSCRICIÓN (Para presentar a partir do 11 de setembro)




O programa Sada Educa contará con actividades pioneiras na Comarca onde destacan iniciativas como Xogos típicos da EGB, Origami, Minichef e Cociña saudable, Robótica educativa; Costura clásica e modernista, Obradoiro de dispositivos móbiles, e o Obradoiro de curtametraxes

A concellería de Educación e Mocidade, dirixida pola socialista Raquel Bolaño, presentou o programa Sada Educa coas actividades extraescolares e formativas para todos os públicos. O período de pre inscrición iníciase o luns 11 de setembro e este ano conta con varias novidades pioneiras na comarca. "A nivel educativo é un referente cun volume moi amplo de actividades e de oferta educativa e cunha poboación moi participativa. Desde a concellaría seguiremos apostando por ampliar estas actividades. A programación destas actividades responde as demandas dos veciños como non pode ser doutra maneira", apuntou a concelleira socialista.

Entre as novidades destacan iniciativas como: Xogos típicos da EGB, espazo puramente para o xogo e que recupera a inventiva dos máis pequenos; Origami; Minichef e Cociña saudable, a primeira para nenos e a segunda para público adulto e na que se espera unha gran demanda; Robótica educativa; Costura clásica e modernista, facendo un referente á Feira Modernista e a súa importancia para Sada como un evento de referencia; Obradoiro de dispositivos móbiles, para público adulto (trimestral); e o Obradoiro de curtametraxes, entre máis de vinte iniciativas.

Doutra banda, Bolaño apuntou as facilidades que este ano dá o Concello para inscribirse neste programa. Os usuarios poderán presentar as súas solicitudes de forma presencial, por correo electrónico e a través dun formulario en liña.

Ademais, existe un desconto do 50% para familias numerosas e do 20% para segundo irmán/irmá, ambos os aplicables sobre cada unha das cotas de cada irmán/irmá. Trátase, segundo Bolaño dunhas actividades alcanzables para todo o mundo, de tal forma que son máis sociais e facilitan a conciliación real. Tamén serán de adxudicación directa no caso derivados dos Servizos Sociais, previo informe, con posibilidade de exención do pago.

Arquivado en:
Avisos. Sada. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Formación. Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños.

AXENDA