Sada Educa 2016-2017

20/09/2016

Sada Educa 2016-2017

Actualizado a 23 marzo 2017

Sada Educa é un programa promovido pola Concellaría Educación, Xuventude e Saúde, do Concello de Sada, que conxuga actividades extraescolares e formativas para adultos fóra do horario lectivo.


Sada Educa é un programa promovido pola Concellaría Educación, Xuventude e Saúde, do Concello de Sada, que conxuga actividades extraescolares e formativas para adultos fóra do horario lectivo, a maior parte delas nos centros educativos do municipio e no local de actividades da Oficina da Xuventude.

Os seus obxectivos céntranse, por unha parte no caso das extraescolares, na creación dunha oferta socioeducativa que permita a conciliación da vida familiar e laboral. Os obxectivos que se derivan do paquete de actividades para adultos, parten dunha demanda formativa para fomentar o plurilingüismo e o aprendizaxe de novos idiomas.

As actividades extraescolares están dirixidas ao alumnado dos ciclos de Educación Infantil e Primaria dos centros de ensino municipais, complementándose entre sí coas as que imparte a propia Concellaría de Educación e as que ofertan as ANPAS dos diferentes centros.

No caso das actividades formativas para adultos, os destinatarios son tanto alumnado da ESO e Bacharelato, como público adulto interesado en xeral.

As actividades do programa Sada Educa comezarán o luns día 3 de outubro de 2016 e finalizarán o venres 23 de xuño de 2017. Haberá períodos vacacionais no Nadal (do 22 de decembro de 2016 ao 6 de xaneiro de 2017) no Entroido (os días 27, 28 de febrero e 1 de marzo de 2017) na Semana Santa (do 10 ao 17 de abril de 2017) e nos días non lectivos establecidos por cada centro de ensino.

Este ano a relización do programa Sada Educa realizarase nos centros de ensino municipais, na aula de actividades da Oficina municipal da Xuventude e nas escolas infantís.

Prazo de pre-inscrición: Do 1 ao 16 de setembro (ambos inclusive) . Publicación da listaxe provisional de admitidos/as e de agarda, así como das actividades que se van a realizar cumprindo o mínimo de inscricións: 21 de setembro. Prazo de formalización de matrícula: Do 21 ao 27 de setembro (ambos inclusive)  Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e de agarda, así como das actividades que se van a realizar cumprindo o mínimo de formalizacións: 29 de setembro.

ACTIVIDADES

Arte coas mans : Actividade pensada para que os nenos/as descubran as manualidades dunha forma sinxela e divertida e que poidan desenvolver a súa creatividade e imaxinación.

Xogoteca: Actividade orientada á educación en valores a través do xogo, predeporte, obradoiros musicais, contacontos, plástica, creatividade, pintura, etc...

Mini Chef: Actividade orientada a fomentar a destreza e potenciar a creatividade a través do entorno da cociña e os alimentos: Alimentación sana, planificación de recetas, traballo en equipo, manexo de utensilios, traballo persoal, etc..

Horto Ecoloxico: Aprendizaxe na plantación de diferentes especies, fomento e respecto pola natureza, indentificación de diferentes tipos de plantas e hortalizas, preparación do terreo para o cultivo, sementar e plantar.

Zumba Kids: Actividade física que combina a música con movementos rítmicos favorecendo o desenrolo das capacidades coordinativas e rítmicas do neno/a. Nesta actividade aprenderán diferentes tipos de bailes, movementos, exercicios, etc..

Deseño Gráfico: Aprendizaxe e composición de paxinas con imaxes de textos, coñecemento das tipografías existentes xogando con tamaños e cores ata conseguir deseños atractivos, fotografía dixital, etc …

Bricolaxe Infantil: Aprendizaxe no uso de ferramentas de bricolaxe adaptada aos máis pequenos e realización de exemplos prácticos.

Circo e Malabares: Actividade orientada a adquirir destrezas no mundo do circo coa elaboración de malabares, caracterización, etc...

Obradoiro de construcción e creatividade: Creación mediante bloques e pezas de construccions sinxelas que contribúen a desenrolar habilidades motrices, favorecendo a destreza e a organización persoal.

Baile Moderno: Exercicio físico, ritmo, diversión, traballo en equipo e movementos ao ritmo da música.

Pequeciencia e Divermates: “Explorando aprendo”. Pequenos xogos científicos para explorar, sorprender, experimentear e aprender.

Maxia: Con esta actividade se fomenta o desenvolvemento do pensamento, destreza e habilidade.

Speak Out: Actividade orientada a potenciar a práctica da conversa en lingua inglesa. Dirixida ao alumnado cun nivel avanzado de inglés.

Iniciación á Informática Adultos: Coñecemento e manexo do ordenador, función básicas, tratamento de textos, correo electrónico, etc...

Estimulación temperá: Esta actividade dirixida a bebés de 0 a 3 anos consiste na adquisición de destrezas y habilidades de maneira natural a través do xogo, a exploración e a curiosidade co fin de que entendan o que acontece ao seu arredor.

PREZOS ESTABLECIDOS PARA O PROGRAMA SADA EDUCA 2016-2017

Para o alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacherelato o custe é de 10 € participante/mes. Para o alumnado dos cursos formativos adultos o custe será de 12 € participante/mes que realizarase en dous prazos, o primeiro en setembro e o segundo en febreiro do próximo ano.

O alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacherelato contará con descontos do 50% para integrantes de Familia Numerosa e o 20% para inscritos con irmáns, onde o desconto aplicarase sobre a cuota de cada un dos irmáns e non teñén por que estar no mesmo colexio. Non se establecen descontos para ás actividades formativas de adultos.

 

Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Formación. Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA