Sada dota de saneamento á zona de Cerámicas do Castro

18/04/2018

Sada dota de saneamento á zona de Cerámicas do Castro

Sada comezou a executar as obras de saneamento no camiño de Loureiro, en O Castro, na contorna das Cerámicas, unha área residencial que ata agora non contaba con este servizo municipal. Os traballos suporán un investimento duns 40.000 euros e están financiados a cargo dun plan da Deputación Provincial.


Sada 18 abril 2018.

O Concello considera necesaria a obra, porque os residentes na zona trataban as augas residuais de manea individual con fosas sépticas nas vivendas, pero estiman que coa nova canalización evítase o risco dunha contaminación do terreo onde verten os lixiviados cando sobordan os pozos negros.

Os traballos execútaos a Concellaría de Obras e Servizos e remárcase que pretenden mellorar a recollida das augas residuais domésticas, reducindo a posibilidade de que se produzan verteduras accidentais ao medio ambiente.

Os traballos céntranse no camiño de Loureiro, no lugar de O Castro, en Osedo, no tramo comprendido entre os viarios provinciais DP-7501 e DP-7502, «co obxecto de dar continuidade ao sistema e mellorar a eficiencia do tratamento de augas residuais dá zona». Asumindo as dúas zonas diferenciadas que ten a área de actuación, óptase pola instalación de dous colectores. Un proxéctase desde o punto máis alto cara a norte e vai ata a súa ligazón coa rede existente na estrada provincial DP-7501, mentres que o outro se instalará no trazado cara ao sur e engancharase coa conexión existente na estrada provincial DP-7502.

As obras consistirán na demolición do ancho necesario para poder soterrar a rede de saneamento que se instalará e despois reporase o pavimento, así como a sinalización horizontal nas vías.

Obras en Riobao

Non é a única obra destas características que se está levando a cabo no municipio, xa que tamén comezou a canalización de pluviais en Riobao, na estrada DP-7503, no tramo de acceso a Souto (Carnoedo) desde o lugar da parroquia de Sada.

Estes traballos realizarse a cargo do servizo de estradas da Deputación coruñesa, tras unha petición do departamento de Obras e Servizos municipal.  

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Administración local, obras e servizos. Urbanismo e emprego. Osedo.

Temas:
Urbanismo. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños.