Sada convoca unha nova edición do concurso "Sada Le"

18/04/2018

Sada convoca unha nova edición do concurso "Sada Le"

A Concellaría de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada convoca o 3º Concurso municipal “Sada Le” có obxectivo de fomentar a lectura entre a veciñanza do municipio e a comunidade educativa.

- Bases do concurso Sada Le


TEMÁTICA DO CONCURSO

Ademáis deste concurso “SADA LE” con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o domingo 22 de abril queremos organizar unha mañá literaria dende as 11.30 até as 13.30 h., ubicada polo centro urbano de Sada. Diferentes personaxes literarias recoñecibles mundialmente estarán interactuando cos veciños e veciñas de Sada, visibilizando a importancia da lectura nas nosas vidas como algo cotiá e que enriquece a nosa imaxinación. Para o desenvolvemento desta iniciativa facilitarase un mapa orientativo no que se delimitará a zona pola que se moven estas personaxes e que se poderá recoller na OMIX dende o luns 16 de abril e ata o venres 20, descargar na web municipal e no Facebook @omix.sada.

PARTICIPANTES

Establécense dúas categorías neste concurso:

1ª Categoría: Público en Xeral, veciños e veciñas do concello

2ª Categoría: Público Escolar, alumnado dos centros escolares do municipio nas ensinanzas de Infantil e Primaria: C.E.I.P de Mondego, C.E.I.P. O Mosteirón, C.E.I.P. Sada e Contornos e E.I. Carnoedo.

FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZO DOS TRABALLOS

- 1ª Categoría: Fotografía (selfie) con algunha das personaxes literarias que estarán na mañá do domingo 22 por Sada. Máximo unha fotografía por personaxe. As fotografías deben estar en formato JPEG e non superar os 2 MB. Enviaranse ao correo omixsada@gmail.com dende o mesmo día e ata o 27 de abril. As fotografías presentadas deberán identificar o título do libro da personaxe tomando como referencia o lema deste concurso municipal “Sada Le”. Por exemplo, “Sada Le El Quijote”, seguido do nome, apelidos, idade, teléfono e correo electrónico. Identificar o libro da personaxe será requisito imprescindible para optar ao premio.

- 2ª Categoría: o alumnado dos centros educativos de Sada presentarán un debuxo, fotografía, imaxe, conto… da súa personaxe literaria favorita ou do que significa a lectura nas súas vidas. Na parte posterior do traballo debe constar nome do/a alumno/a, idade así coma o centro escolar e aula á que pertence. (Máximo 1 traballo por alumno/a) Os traballos entregaranse ás/aos mestres/as da aula que corresponda entre o 16 e o 20 de abril.

PUBLICACIÓN DOS TRABALLOS

Na páxina web do Concello de Sada www.sada.gal e nas redes sociais públicas a Concellaría de Xuventude, Educación e Saúde reservarase a posibilidade de habilitar un espazo para o concurso “SADA LE” no que se colgarán as fotografías enviadas polos/as concursantes da primeira categoría e onde se publicarán os traballos gañadores de ámbalas dúas categorías, sempre que a técnica empregada o permita. Da mesma maneira a concellería poderá facer unha pequena selección dos traballos presentados e realizar unha exposición.

COMPOSICIÓN DO XURADO E CRITERIOS DE VALORACIÓN

1ª Categoría: As fotografías presentadas, cumprindo os requisitos específicados, entrarán a participar no sorteo do premio estipulado no artigo 6. A numeración para o sorteo será por riguroso orde de recepción.

2ª Categoría: A comisión encargada de valorar e decidir sobre os traballos estará constituída por un representante docente dos centros de ensino municipais. Para a valoración, a Comisión terá en conta os seguintes criterios: Calidade e orixinalidade do traballo segundo os obxectivos do concurso elevando proposta á Alcaldía co resultado da valoración efectuada.

OUTORGAMENTO E ENTREGA DE PREMIOS

Na semana do 7 ao 11 de maio farase público a relación de gañadores do concurso na paxina web do concello: www.concellodesada.com no apartado “Sada Le” e as indicacións para a recollida do premio. Haberá un premio por cada categoría:

1ª Categoria: Libro electrónico + lote de libros

2ª Categoría: Lote de libros para todos os centros educativos participantes, outro lote de libros para o alumno/a gañador/a e unha tablet para o centro educativo ao que pertenza dito alumno/a. No caso de que os premios quedaran desertos, sortearanse entre os centros educativos que tiveran participado nesta iniciativa Sada Le 2018.

ACEPTACIÓN DAS BASES E DEREITOS DE AUTOR

Co obxectivo de difundir esta campaña en vindeiras convocatorias e tamén garantir os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade (artigo 2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno), recolleranse gravacións en video e fotografías das persoas participantes na mañá do 22 de abril interactuando cas personaxes, as cales poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais, publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como na páxina web do Concello de Sada. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases. O Concello de Sada adquire os dereitos de reproducción, explotación e exposición das obras que se presenten. Non obstante, comprométese a devolver os traballos non premiados a petición dos interesados/as antes do 26 de maio do 2018.


Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Formación. Educación. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA