Sada convoca o Consello Sectorial Ambiental onde se revisará, coas aportacións veciñais, a normativa municipal sobre benestar animal

01/08/2017

Sada convoca o Consello Sectorial Ambiental onde se revisará, coas aportacións veciñais, a normativa municipal sobre benestar animal

-A ordenanza de benestar animal de Sada, quedou sobre a mesa no pleno de xuño para recoller máis suxestións.

-O alcalde de Sada, Benito Portela, convida a todas as persoas, colectivos e asociacións interesadas a participar dá reunión para achegar as suxerencias que estimen oportunas.


Sada 1 de agosto 2017.

O Consello Sectorial Ambiental convocou para mañá mércores unha reunión extraordinaria para abordar a revisión da normativa municipal sobre benestar animal co fin de contar coas aportacións veciñais para a nova ordenanza.

O goberno municipal propuso no pleno do pasado mes de xuño deixar sobre a mesa a citada ordenanza de protección dos animais e de convivencia responsable para recoller máis suxestións de colectivos e veciños tras “recibir numerosas chamadas de persoas interesadas en participar no debate”, sinalo o alcalde, Benito Portela.

"Sorprendéronnos as achegas de moita xente que descoñecía que estabamos a tramitar esta norma", sostivo Portela, que anunciou naquel pleno un consello sectorial específico para abordar melloras na normativa.

Agora o Concello de Sada convoca a esta xuntanza, que terá lugar mañá mércores ás 21:00 horas no salón de Plenos do Concello de Sada, á todas as persoas e entidades integradas no Consello Sectorial Ambiental de Sada, constituído o 3 de maio de 2017, así como a todas as personas ou entidades interesadas na participación no punto da orde do día desta reunión

Esta normativa municipal estaba incluida na planificación da que se dera conta ao pleno a principios do ano en curso.

Arquivado en:
Consello sectorial Ambiental. Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Mosteirón. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA