Sada convoca á veciñanza a unha presentación para dar a coñecer o proceso de creación dos Consellos Sectoriais.

30/01/2017

Sada convoca á veciñanza a unha presentación para dar a coñecer o proceso de creación dos Consellos Sectoriais.

 -Un dos obxetivos finais do proceso de participación cidadá posto en marcha coa creación dos Consello Sectoriais é a participación das asociacións e da veciñanza nos orzamentos en próximos anos.


Sada 30 xaneiro 2017

O goberno local de Sada vén de anunciar a pronta posta en marcha de Consellos Sectoriais como ferramenta para a participación cidadá. A creación destes órganos requerirá dunha fase inicial de implicación directa das asociacións así como das veciñas e veciños que teñan interese en participar coa finalidade de concretar que Consellos convén crear. Posteriormente traballarase na constitución dos mesmos, sendo os propios órganos creados os que determinen o seu funcionamento interno.

Para dar a coñecer este proceso, o alcalde, Benito Portela, convoca a todas as asociacións sadenses a unha presentación que terá lugar o xoves, 2 de febreiro, ás 20:00 horas no salón de Plenos municipal. Esta será aberta á veciñanza polo que pode asistir calquera persoa que o desexe.

Igualmente, o vindeiro martes 31 pola tarde terá lugar unha reunión co grupo de goberno municipal e a continuación outra cos partidos políticos presentes en Sada, coa finalidade de achegarlles máis de preto o proceso e finalidade deste proxecto.

Para calquera consulta sobre este proceso, se habilitan as seguintes canles de contacto: mediante correo electrónico, escribindo a participasada@gmail.com, e por teléfono no número 608 201 251.

Proxecto de Participación Cidadá

O goberno de Sada inicia con estas xuntanzas o proceso de participación cidadá, como xeito de favorecer e facilitar a consulta e opinión da veciñanza na xestión municipal, así como a creación de novos mecanismos para a transparencia municipal.

Este proceso, arrincará coa posta en marcha de Consellos Sectoriais, órganos para o informe, consulta e no seu caso, proposta, en relación coas iniciativas municipais ou veciñais relativas ao sector de actividade que corresponda a cada Consello.

Un dos principais obxectivos deste proxecto é tamén o de reforzar e colaborar coa actividade do movemento asociativo sadense. Isto conlevará tamén a un achegamento entre as distintas asociacións do municipio, favorecendo a creación de rede entre as mesmas, así como entre estas e a administración municipal.

O alcalde de Sada e responsable da área de Participación Cidadá, considera que estas acción que agora comezan servirán “pasa manter un conctacto moito máis frecuente do gobernó coa veciñanza pero tamén entre as asociacións, entre os propios vecinos e veciñas de Sada. Entre todas e todos temos que ser quen de planificar o pobo que queremos”.

A posta en marcha dos Consellos Sectoriais de Sada estará dividida en dúas fases: unha primeira na cal se traballará de maneira directa coas asociacións, así como con outros axentes ou persoas interesadas, para coñecelas con maior profundidade e detectar as principais temáticas sobre as que traballan. Realizaránse encontros participativos conxuntos o que permitirá coñecer que Consellos Sectoriais convén crear para o municipio sadense. Unha vez definidos os órganos a constituir, estes serán postos en marcha nunha segunda fase, correspondendo a cada un deles establecer as pautas para o seu propio funcionamento. 


Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Mosteirón. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Benestar Social. Economía. Turismo. Subvencións e axudas. Emprego. Formación. Saúde. Educación. Urbanismo. Vivenda. Mobilidade. Medio ambente. Cultura. Deporte. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA