Sada concéntrase contra a violencia machista

23/11/2017

Sada concéntrase contra a violencia machista

Intervención da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel Reimundez

Intervención dos alumnos/as do IES Isaac Díaz Pardo e do alcalde de Sada,Benito Portela


Sada 23 novembro 2017

Con motivo da celebración o vindeiro sábado do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller o Concello de Sada, a través da Concellería de Benestar e Igualdade, celebrou esta mañá unha concentración na Praza de San Roque onde participaron os alumnos e alumnas do IES Isaac Díaz Pardo, a concelleira de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, e o alcalde, Benito Portela.

O Concello de Sada está a realizar varias accións durante esta semana. Ademáis da campaña Sada en Negro que está tendo lugar nos comercios do municipio  a concellería de Benestar anima a todos os veciños e veciñas a participar na Andaina solidaria contra a violencia de Xénero que partirá do edificio de servizos múltiples de O Burgo (Culleredo) o sábado 25 de novembro ás 10:30 horas.

Sada en Negro

Isabel Reimundez, sinalaou esta mañá que “a violencia é a máxima expresión da desigualdade que estamos a sufrir as mulleres no noso día a día, os datos falan por si solos”. Reimundez considera que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a sociedade pondo de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Para iso a concelleira animaba hai uns días ao tecido empresarial a implicarse na campaña "Sada en negro". 

Hai dous anos que o concello de Santiago impulsaba unha campaña para concienciar sobre a lacra das violencias machistas e que levaba por nome “Compostela en negro”. O pasado ano máis de quince concellos uníanse á mesma e este ano son 75 concellos de toda Galicia, de distintas cores políticas, os que coincidindo coa declaración do 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminacion da Violencia contra as Mulleres, desenvolverán unha actividade dirixida a sensibilizar á poboación respecto da situacion de violencia na que viven moitas mulleres, “unha mostra de unión entre o municipalismo galego ante un problema que é unha emerxencia social e que consideramos que ten que ser unha cuestión de estado”, indica a concelleira.

"A día de hoxe 90 empresas de Sada, de todos os sectores están a participar na campaña Sada en negro, indicou esta mañá Reimundez, "propoñemos vestir de loito a nosa vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte”. 

A concellería de Benestar Social e Igualdade destacou tamén a implicación do tecido empresarial municipal que cada ano aumenta a súa participación na campaña que os concellos de Galicia promoven contra a violencia machista. “O protagonismo das rúas de Sada, sinala a concelleira, correspóndelle  aos comercios, son o gran escaparate que pode transmitir á cidadania a mensaxe de denuncia e solidariedade: Queremos Sada libre de violencia". 

“Quero destacar a gran participación das empresas de Sada e a súa implicación. Moitos dos comercios deseñaron escaparates con máis medios dos que nos lles facilitamos para que toda a xente poida ver esta campaña de sensibilización” indicou Isabel Reimundez .

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Meirás. Mondego. Benestar social e igualdade. Mosteirón. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Benestar Social. Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA