Sada aumenta un 118% a inversión no servizo de axuda no fogar.

10/03/2018

Sada aumenta un 118% a inversión no servizo de axuda no fogar.

- No pasado pleno ordinario de febreiro aprobouse o expediente para a contratación por procedemento aberto do Servizo de Axuda no Fogar que aposta por un incremento de algo máis de 335,000 euros/anuais para este ano 2018, pasando de 283.569 euros/anuais a 620.000 euros/anuais, e unha prevision de gasto de 741.000 euros para o 2019”.

-“Este prego, destaca a concelleira de Benestar Isabel Reimundez, reflexa a aposta clara da Concelleria de Benestar Social e Igualdade neste servizo, porque é unha necesidade básica para os veciños e veciñas de Sada.”

-“Seguimos avanzando, sinala o alcalde Benito Portela, na construcción dunha vila máis social e sustentable”


Sada 9 marzo 2018.

Desde o pasado mércores está aberta a licitación dos servizos de axuda no fogar básico, encadrado no sistema para a autonomía e atención á dependencia, tras aprobar no pasado pleno ordinario de febreiro o expediente para a contratación por procedemento aberto do servizo. O prazo para qué as empresas presenten ofertas remata o 9 de abril

O servizo de axuda no fogar é un servizo publico de carácter local que consiste na prestación dun conxunto de atencions a persoas no domicilio mediante persoal cualificado e supervisado polos servizos sociais do concello. Este servizo proporciona un conxunto de actuacións preventivas, rehabilitadoras, formativas e de atención ás persoas que presentan dificultades para desenvolverse no seu entorno habitual e ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas. “Seguimos avanzando, sinala o alcalde Benito Portela, na construcción dunha vila máis social e sustentable”

Segundo a concelleira de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, “estamos a falar dun servizo municipal que prestou axuda no 2017 en Sada a 74 persoas dependentes a traves de SAAD e 48 persoas a través de libre concorrencia. Un total de 122 usuarios e usuarias”.

“Este prego, sinala Reimundez, reflexa a aposta clara da Concelleria de Benestar Social e Igualdade neste servizo, porque é unha necesidade básica para os veciños e veciñas de Sada.”

O prego anterior apostaba por unha previsión de gasto neste servizo de 283.569 euros anuais mentras que o prego actual aposta por un incremento de 335,000 euros/anuais (+118%) para este ano 2018. “Pasamos, indica a concelleira, de 283.569 euros/anuais a 620.000 euros/anuais para este 2018 e unha prevision de gasto de 741.000 euros para o 2019”.

O prego de condicións da licitación ten un marcado carácter social, no que tamén ten en conta a situacion laboral das traballadoras que prestan o servizo. Recolle á perspectiva técnica dos Servizos Sociais e as necesidades e demandas dos usuarios e usuarias e tamén as condicions laborais de las/os empregadas/os de axuda a domicilio, que no pasado ano 2017 foron 30.

“Xerarase, indica o alcalde Benito Portela, emprego e fomentarase a estabilidade laboral no cuidado de persoas dependentes, duplicando o número de horas de prestación”.

O prego asegura o cumprimento do convenio colectivo correspondente. “É unha prioridade a estabilidade laboral porque ademais repercute na calidade do servizo”.

CLAUSULAS SOCIAIS

O goberno local incluiu diversas clausulas sociais dentro do prego de condicións do Servizo de Axuda no Fogar.

Entre elas destacan a necesidade de manter a plantilla de traballadoras/es adscritos ao obxecto da licitacion, sen que proceda suspension de postos de traballo, salvo por baixas voluntarias. Ademais se primaran nos novos contratos laborais, que o adxudicatario realice, a insercion de colectivos desfavorecidos (vítimas de violencia de xenero, parados de longa duración...).

Outras das novas condicións e que as polizas de seguros por indemnizacion por riscos profesionais as subscribirá o adxudicatario. E se reflexa tamen a necesidade e esixencia de confidencialidade, segredo profesional e a proteccion de datos de toda a información facilitada pola administración. Asegurando a confidencialidade das/os usuarias/os e do servizo prestado.

A licitación aposta tamen polo compromiso co medio ambiente. Valorando e primando o uso de productos ecoloxicos e utilizacion de bolsas de basura compostas por material biodegradable ou reciclado, e calquer outro tipo de producto que se empregue no servizo e supoñan unha vantaxe de carácter medioambiental.


Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Benestar social e igualdade. Mosteirón. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Benestar Social. Economía. Subvencións e axudas. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Maiores.

AXENDA