Promoción Económica e a Asociación de Empresarios acordan manter unha relación fluida que beneficie aos veciños de Sada

26/06/2017

Promoción Económica e a Asociación de Empresarios acordan manter unha relación fluida que beneficie aos veciños de Sada

- O primeiro paso a realizar é a ampliación do convenio existente entre a  asociación e o concello que permite afondar nas relacións entre  ambos entes e, incluso, amplialas con xuntanzas con outras entidades a  nivel comarcal, provincial e autonómico do sector na busca de  proxectos que enriquezan o tecido empresarial sadense.

- Tanto Fernando Ucha como o concelleiro do BNG, Suárez Becerra,  comparten  a visión de que a situación actual do comercio e a hostalería local é  mellorable dende o punto de vista da creación dun proxecto de  dinamización que beneficie a PEMES, autónomos e, por descontado, aos  veciños en xeral.


Sada 21 xuño 2017

O presidente da Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas, Fernando Ucha,  e o concelleiro de Promoción Económica, o nacionalista Liss Suárez  Becerra, mantiveron á súa primeira reunión. Na conversa acordouse  manter unha relación fluida entre ambas entidades xa que a promoción  do comercio en Sada ten que ir da man, apoiarse nas novas tecnoloxías  e facer campañas para o fomento da compra en pequenos locais.

Nesta primeira xuntanza cos empresarios locais, logo de que o anterior presidente da Asociación romperá relacións unilateralmente co Concello de Sada, acordouse como primeiro paso é ampliación do convenio existente entre a  asociación e o concello e que permite afondar nas relacións entre  ambos entes e, incluso, amplialas con xuntanzas con outras entidades a  nivel comarcal, provincial e autonómico do sector na busca de  proxectos que enriquezan o tecido empresarial sadense.

Ambos responsables apostaron por continuar coa organización conxunta  de eventos para os cales decidiron ter contactos periódicos e poder  fixar así obxetivos conxuntos.

Tanto Fernando Ucha como o concelleiro do BNG comparten  a visión de que a situación actual do comercio e a hostalería local é  mellorable dende o punto de vista da creación dun proxecto de  dinamización que beneficie a Pemes, autónomos e, por descontado, aos  veciños en xeral.

Finalmente neste primeiro contacto tamén se destacou a necesidade de  crear dinámicas de emprego de calidade, unha maior integración da  muller e dos xoves no mundo laboral e apostar, en definitiva, polas  iniciativas que están nacendo en Sada e que poden verse impulsadas polos empresarios e polo concello unindo experiencia e traballo.

Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Economía. Turismo. Emprego. Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA