Promoción Económica anima aos vecinos e veciñas de Sada a gozar do primer Día da Troula.

15/05/2017

Promoción Económica anima aos vecinos e veciñas de Sada a gozar do primer Día da Troula.

- Mais de trinta grupos folclóricos da localidade e de arredores animarán en numerosos locais de hostelería, farán pasarrúas polo Feirón, e rematarán o día nunha gran foliada na Carpa instalada no Paseo Marítimo.

- Programación Día da Troula


Sada, 18 de maio 2017

Este sábado, 20 de maio, os cantos de taberna van soar por varios locais de Sada e nunha foliada na Carpa instalada no Paseo Marítimo dentro dunha xornada que a concellería de Promoción Económica e Turismo denominou o “Día da Troula”.

Mais de trinta grupos folclóricos da localidade e de arredores  visitarán máis de vintecinco locais de Sada dende as 11:00 horas ata as 15:00, farán pasarrúas polo feirón, sobre ás 17:30 horas para rematar nunha gran foliada na Carpa instalada no Paseo Marítimo dende as 19:00 horas ata a 01:00 da madrugada.

A idea nace da necesidade detectada desde a Concellería de Promoción Económica e Turismo de recuperar unha tradición demandada polos hostaleiros; a colaboración entre a agrupación Nova Troula, hostaleiros e concellería cristalízase no que “é un ha ferramente fundamental para  xerar unha nova alternativa na oferta que Sada ofrece para atraer a publicos de todo o país nesta actividade que nace con vocación de asentarse no tempo” asegura Liss Suárez Becerra, concelleiro do BNG.

Os Reventos da Coruña, Cantares dos Pendellos, Fonte de Merlan, Son D´aquí, Os do Fondo da Barra, Os Folieiros, Viute o Demo e Alén do Mar  serán os encargados de levar este tradicional canto polos locais de Sada e Untia (Escola municipal de folclore de Betanzos), Catalmibre (Culleredo), Grupo Folclórico A Nosa Señora da Xunqueira (Vilagarcia), Gaiteiros de Montrove (Oleiros), A.C.O Amanexo (Dexo), A Marola(Mera), Nova Troula(Sada), O Rueiro (Tabeaio), Grupo de baile e gaitas Santaia (Sta Cruz), Grupo Tradicional Dorna(Dorneda), Os Sobraos (Bergondo), Lilaina (Miño),  Cruz do Sino, Liceo (A Coruña), Leira en festas (A Coruña),  Antoxo duns poucos (Abegondo), Os Gaiteiriños (A Coruña),  Do lado do sol (Abegondo), A.C Son D'aquí, FelipeRey (Gaiteiro de Betanzos), Garrulaxe (Cecebre) e IAR (A Coruña) formarán a gran foliada na que sobre ás 21:00 horas actuará tamén o grupo folclórico Os Melidaos.

Segundo o concelleiro de Promoción Económica, o nacionalista Liss Suárez, "con esta actividade queremos implicar ás asociacións culturais, á hostelaría e a todos os veciños xuntando nun mesmo día: tradición, diversión, lecer,  gastronomía, comercio e servizos coa clara determinación de seguir insistindo en atraer xente a Sada fora da epoca estival pois a vila ten que latir todo o ano. Eventos como o Touliña Pop, Vintage, Festa da Xiba ou Cervefeira amosan que é posible".

Finalmente dende a Concellalía queren invitar a todos os veciños a que se animen a participar neste primeiro Día da Troula. 

Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Turismo. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA