Programa de Envellecemento Activo

16/10/2017

Programa de Envellecemento Activo

Listaxe definitiva de admitidos, de agarda e excluídos/as programa maiores 55 anos 2017-18

Listaxe provisional de admitidos, de agarda e lista excluidos programa maiores 55 anos 2017-18

Decreto Listaxe Provisional de admitidos de agarda e lista de excluidos Programa Maiores 55 anos 2017-18 

Bases actividades para maiores 55 anos

Modelo de solicitude pre-inscrición actividades maiores 55 anos


Actualizado 26 de setembro 2017.

"Dende a Concelleria de Benestar Social e Igualdade, animan  á participación neste programa de Envellecemento activo para que os veciños e veciñas de Sada creen novos vínculos de amizades, potenciando así a vida independiente e con calidade das persoas maior​es nos seus propios entornos” destaca a concelleira nacionalista Isabel Reimundez.A concellería de Benestar oferta este ano 240 prazas nas actividades de Ximnasia terapéutica, Taller de reforzo de memoria, Ioga, Pintura, Restauración e Tai-chi.

As actividades sociais dirixidas as persoas maiores de 55 anos, promovidas pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, teñen como  finalidade contribuir a un envellecemento saudable e fomentar a autonomía persoal, promove-la participación e integración social das persoas, e previr situación de risco de exclusión social. Para elo desenvolvénse diferentes  actividades orientadas ao fomento da calidade de vida e autonomía persoal,  ao fomento da creatividade e expresión artística e a participación social.

"Dende a concelleria de Benestar Social e Igualdade, queremos animar  á participación neste programa de Envellecemento activo para que os veciños e veciñas de Sada creen novos vínculos de amizades, potenciando así a vida independiente e con calidade das persoas maior​es nos seus propios entornos” destaca a concelleira nacionalista, Isabel Reimundez.

As actividades sociais están dirixidas as persoas que teñan cumpridos os 55 anos, e maiores desa idade. Excepcionalmente poderán participar persoas que, sin acadar a idade de 55 anos, sexan titulares do certificado oficial de minusvalía e acrediten a idoneidade da actividade elixida. Do mesmo xeito, tamén poderán participar persoas que se atopen nunha situación de risco ou exclusión social, previo informe favorable do/a técnico/a dos servizos sociais do concello.

As actividades sociais comenzarán o luns dia 16 de outubro do 2017 e rematarán o venres 29 de xuño do 2018 e realizaranse no Local Social de Riobao (antigua Cámara Agraria) e no local anexo ao servizos sociais comunitarios (A Laguna 44)

Actividades e pre-inscrición

Reforzo da Memoria: 45 prazas en  tres grupos de 15 persoas.

Ximnasia Terapeutica: 60 prazas en catro grupos de 15 persoas.

Tai-chi: 45 prazas en tres grupos de 15 persoas.

Ioga: 45 prazas en tres grupos de 15 persoas.

Pintura: 30 prazas en dos grupos de 15 persoas.

Restauración: 15 prazas.

Cada persoa poderá solicitar ata tres actividades diferentes, pero tan só nun horario/grupo de cada unha delas. O prazo ordinario para a pre-inscripción será do 6 ao 15 de setembro do 2017 (ambos inclusive) en horario de 9 a 14 horas. As solicitudes de pre-inscrición presentaranse nas oficinas do concello, no rexistro xeral, no módelo que pode recollerse nesas oficinas e/ou  nos servizos sociais do Concello.

A publicación da listaxe provisional de admitidos, excluidos e de agarda, así como do horario  das actividades terá lugar o 25 de setembro.Será necesario para que se poida desenvolver a actividade un minimo de 7 participantes.

Na medida do posible, naquelas actividades onde a demanda sexa superior a oferta, cabe a posibilidade de creación de novos grupos.Cando a demanda sexa superior as prazas ofertadas, as prazas serán cubertas por sorteo público que se realizará o día 21 de setembro as 11 horas no centro de Servizos Sociais.


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Benestar social e igualdade. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro.

Temas:
Benestar Social. Subvencións e axudas. Saúde. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Maiores.

AXENDA