PRESENTACIÓN DO LIBRO "PROXECTO SADA. PAISAXE, LUGAR E ARQUITECTURA”

18/03/2018

PRESENTACIÓN DO LIBRO "PROXECTO SADA. PAISAXE, LUGAR E ARQUITECTURA”

Esta mañá o concelleiro de Urbanimo, Francisco Montouto, e os alumnos/as e profesores/as da Escola de Arquitectura da Coruña presentaron o libro "Proxecto Sada. Paisaxe, lugar e arquitectura"

Vídeo da presentación do libro "Proxecto Sada"


Como resultado da sinatura do entre Concello de Sada e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña para o “Desenvolvemento de traballos teóricos e de investigación en emprazamentos de interese urbano e histórico en Sada, A Coruña”, as dúas entidades presentaron esta mañá no Salón de Plenos o volume titulado “PROXECTO SADA, Paisaxe, lugar e Arquitectura”

Durante o curso 2015-2016, a vila de Sada converteuse nun laboratorio de experiencias arquitectónicas e urbanas para o alumnado e o profesorado do segundo curso da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña que tiveron como resultado final a publicación do libro que hoxe se presentou.

No desenvolvemento desta actividade, o profesorado da Escola afondou no coñecemento da vila de Sada. O presente libro estrutúrase en dúas grandes liñas de investigación: unha ligada ao feito proxectual, estético e interdisciplinar da arquitectura, e outra centrada no desenvolvemento urbano desde a súa evolución histórica ata temas ambientais ou de planeamento.

Por outra banda, as mellores propostas dos alumnos e alumnas recóllense no soporte dixital que acompaña o libro. Os traballos acometen proxectos que abordan ámbitos naturais, como as Brañas e varias localizacións no núcleo histórico. Desde a comprensión, o coñecemento e o aprehender o lugar, o obxectivo foi proxectar espazos que acollan a vida das persoas.

O Concello de Sada, na súa aposta pola colaboración institucional coa Universidade Pública, agarda que a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña siga elixindo Sada como laboratorio práctico onde desenvolver seus análises e ensinanzas.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Administración local, obras e servizos. Urbanismo e emprego. Sada.

Temas:
Formación. Educación. Urbanismo. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA