Os colexios e centros de Sada reciben a visita dos Reis Magos

18/12/2016

Os colexios e centros de Sada reciben a visita dos Reis Magos

-Entre hoxe e mañá mércores as súas maxestades visitarán as escolas infantís, colexios, o centro de ASPACE e o Centro de Día.


Sada 20 decembro 2016

Antes de que finalicen as clases nas aulas dos colexios do municipio, os Reis Magos de Oriente visitarán hoxe e mañá mércores todos os colexios e escolas do municipio dentro das actividades programadas pola concellaría de Educación que xestiona a socialista Raquel Bolaño.

Ademáis dos centros de ensino os Reis Magos visitarán tamén o centro de ASPACE e o Centro de Día de Mondego.

Esta mañá comezarán o seu percorrido en Mondego onde estarán na E.I. Galiña Azul ás 10:00 horas para trasladarse posteriormente ao CEIP Pedro Barrié ás 11:00 horas e ao Centro de Día ás 13:30 horas.

O mércores 21 de decembro as súas maxestades comezarán as súas visitas no CEIP O Mosteirón ás 10:00 horas e seguirán o seu percorrido pola E.I Flora Ramos “Florita” ás 11:00 horas. Despois trasladaranse á E.I. de Carnoedo ás 11:45 horas, ao CEIP Sada e Contornos ás 12:30 horas e a ASPACE ás 15:30 horas.

 

 

 

Arquivado en:
Educación, xuventude e saúde. Cultura e praias.

Temas:
Formación. Educación. Cultura.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA