Obradoiros de Nadal 2017

13/12/2017

Obradoiros de Nadal 2017

LISTAXE DE SOLICITANTES CON PRAZA OBRADOIROS DE NADAL 2017

INFORMACIÓN DE PAGAMENTO OBRADOIROS NADAL 2017

Bases de Participación Obradoiros Navidad

Hoja de inscripción Obradoiros de Navidad 2017

Inscripción Online


Sada 27 novembro 2017

A Concellaría de Educación, Xuventude, Saúde do Concello de Sada organiza os Obradoiros de Nadal, que son unha oferta de actividades de lecer durante este periodo non lectivo para rapaces e rapazas nados entre o 2013 e o 2005.

Ofértanse un total de 80 prazas para participantes empadroados/as en Sada, reservaranse até un 10% desas prazas a participantes derivados dos Servizos Sociais municipais.

As datas de celebración serán os días 26, 27, 28, 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro en horario de 09.00 a 14.00 h.

O espazo elexido para estes obradoiros serán as instalacións do CEIP Pedro Barrié de la Maza (Mondego), ofertándose ademáis o servizo de autobús con única parada no centro urbano (diante do Concello), nembargantes para a disposición deste servizo deberá haber un mínimo de 30 participantes que o soliciten na inscrición, en caso contrario dito servizo será cancelado e reflexado nas listaxes de admitidos/as do día 12 de decembro.

O prazo de inscrición abarcará dende o día 27 de novembro (dende as 16:00 horas) até o 11 de decembro (ate as 18.00 horas).

Inscrición

Se houbese máis solicitudes que prazas, celebrarase un sorteo público entre todas as recibidas o día 12 de decembro ás 10.00 h. na planta baixa da Oficina da Xuventude. Establecerase unha listaxe de agarda para aquelas solicitudes que no sorteo non obtiveran praza e que poderán ser chamadas segundo haxa renuncias. No suposto caso de realizar sorteo, irmáns e irmás inscribiranse na mesma solicitude coa adxudicación do mesmo número no sorteo.

A publicación de listaxe de admitidos/as e listaxe de agarda (no caso de realizar sorteo) realizarase o 12 de decembro pola tarde na web municipal e físicamente na OMIX.

O prazo de pagamento será do 13 ao 18 de decembro (inclusive). As cuotas serán as establecidas segundo o informe de prezo público. É imprescindible presentar o xustificante de pagamento na Oficina da Xuventude ou a través do correo electrónico entre esas datas, así como a documentación que acredite algún desconto na tarifa xeral (2º irmán/á, proxenitores desempregados ou condición de Familia Numerosa).

Unha vez rematado o prazo anterior, se non houbese xustificante de pagamento implicará a renuncia da praza, e ofrecerase ao seguinte da listaxe de agarda, quenes poderán realizar o pagamento entre os días 19 e 21 de decembro (inclusive).

Co obxectivo de difundir esta campaña en vindeiras convocatorias e tamén garantir os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade (artigo 2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno), recolleranse gravacións en video e fotografías das persoas participantes nos OBRADOIROS DE NADAL, as cales poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais, publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como na páxina web do Concello de Sada.


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA