O SAN XOÁN VAI POR BARRIOS!

12/06/2017

O SAN XOÁN VAI POR BARRIOS!

Vas a celebrar o San Xoán na zona do Curruncho? Isto pode interesarte:
 
A Concellería de Cultura quere rememorar as cachelas que se organizaban nos nosos barrios de antigo, así que como se fixo o ano pasado, porá un tractor de leña a disposición de veciños e veciñas de Sada para que xuntos fagamos que a noite sexa máis especial.
 
Queremos pasar a noite ó calor das fogueiras, e como non as podemos montar nos barrios… levarémolas á Praia das Delicias. 
 
Así que, se queres participar nunha “Fogueira de Barrio” e conseguir que sexa a máis espectacular, só tes que enviarnos un mail a sada.cul@sada.gal co asunto “O San Xoán vai por barrios”. Dinos o teu nome  e a rúa na que resides e te contestaremos onde poderás recoller a leña para levantar unha boa fogueira.
 
Lembra que repartiremos un tractor de leña entre as solicitudes recibidas, pero cada barrio poderá facela crecer poñendo máis leña... e moito “corazón” para que sexa a que máis ilumine a noite meiga.  
 
Vive o San Xoán en Sada! Xa falta menos, anímate a facer a lumeirada máis grande da Praia de Sada. Nós votaremos unha man. Avisa ó correo sada.cul@sada.gal e apartaremos leña para a cachela do teu barrio.

Arquivado en:
Novas. Festas. Cultura e praias.

Temas:
Turismo. Cultura.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA