"O que se enchufa recíclase" en Sada

26/02/2018

"O que se enchufa recíclase" en Sada

O que se enchufa recíclase é unha campaña de información e sensibilización, da Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ofiraee, para a correcta xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) a través dos puntos de venda destes aparellos en Galicia.
Esta campaña enmárcase dentro do convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e os SCRAPS no que se establece o desenvolvemento de accións de información, divulgación e concienciacións para a adecuada xestións dos RAEE.
O que se enchufa recíclase ten por obxectivo fomentar a xestión dos residuos de aparellos eléctricos ou electrónicos ao través dos puntos de venda de electrodomésticos así como formar e informar dos dereitos e obrigas que establece o RD 110/2015 tanto para consumidores como para distribuidores deste tipo de aparellos.
A campaña desénvolves durante 9 meses en 138 concellos galego de máis de 4.000 habitantes. Durante este tempo instalaranse máis de 1.000 contenedores en puntos de venda de electrodomésticos aos que os cidadáns poderán acudir para depositar os RAEE.

Arquivado en:
Novas. Comunicación. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Medio ambente.

Perfís:
Veciños.

AXENDA