O PXOM DE SADA PREVÉ UNHA RESERVA DE SOLO DEDICADO A VIVENDA PROTEXIDA DO 30%

12/04/2017

O PXOM DE SADA PREVÉ UNHA RESERVA DE SOLO DEDICADO A VIVENDA PROTEXIDA DO 30%

A aprobación definitiva do PXOM establecerá a necesidade de reservar o 30% da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo destinado a actuacións de urbanización.


Sada, 12 de marzo 2017

O goberno de Sada decidiu aplicar a reserva do 30% pese a que a modificación introducida pola Lei de Vivenda de Galicia na súa disposición adicional novena no ano 2012 permite unha reserva inferior e pese a que no documento de aprobación inicial do PXOM a reserva establecíase en función da porcentaxe de reserva do rexistro dos demandantes de vivenda protexida (para un 8,7%, establecíase o mínimo do 10% de reserva para vivenda protexida).

Nas actuacións que se leven a cabo sobre o solo urbano non consolidado nos tres distritos nos que se divide o núcleo urbano de Sada,a superficie edificable total de vivenda protexida será de 22.775 m2 o que suporá unha porcentaxe do 30%.

No solo urbanizable a superficie edificable total de vivenda protexida será de 16.019 m2 o que suporá unha porcentaxe do 35%.

En total, para unha superficie edificable residencial total de 123.045 m2 , o PXOM reserva unha porcentaxe total do 31,53% para vivenda protexida o que supón unha superficie edificable total de 38.795 m2  o que equivale a un total de algo máis de 300 vivendas.

O goberno de Sada agarda que unha vez aprobado o PXOM, e comecen a desenvolverse as bolsas de solo tanto no solo urbano non consolidado como no solo urbanizable, se garanta o cumprimento da reserva prevista para dotar ao Concello de Sada de vivendas protexidas de calidade para dar cumprimento a demanda existente. 

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Subvencións e axudas. Urbanismo. Vivenda.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA