O pleno aproba solicitar á Xunta de Galicia a revisión da avaliación e previsión dos riscos de inundacións no municipio

27/02/2017

O pleno aproba solicitar á Xunta de Galicia a revisión da avaliación e previsión dos riscos de inundacións no municipio

- Outra das propostas do goberno local aprobadas no pleno do pasado xoves foi a relativa á solicitude á administración competentes das realizacións dás obras hidraúlicas necesarias para a prevención e protección fronte a inundacións no municipio de Sada.


Sada, 27 febreiro 2017.

O alcalde de Sada, Benito Portela demanda e seguirá demandando da Xunta e de Augas de Galicia a inclusión de Sada como ARPSI no plan de inundacións así como a aprobación e execución das obras necesarias para dar solución a un problema que é unha necesidade e unha esixencia de todo o pobo a Sada.

No pleno celebrado o pasado xoves o goberno municipal incluíu dous puntos de importancia neste sentido tendentes a avanzar nas actuacións que tanto a Universidade da Coruña, a través do Grupo de Enxeñaría da auga e Medio Ambiente, como os ingeñeiros de EMALCSA, indican que son as necesarias para evitar que se produzan novas inundacións en Sada.

A primeira delas, que expuxo o concelleiro de Urbanismo, Francisco Montouto, foi unha moción onde se solicitaba á Xunta de Galicia a revisión da avaliación e previsión dos riscos de inmundacion no municipio.

A segunda proposta que presentou o gobernou municipal foi a solicitude á administración competentes das realizacións das obras hidraúlicas necesarias para a prevención e protección fronte a inundacións no municipio de Sada.

O alcalde de Sada, Benito Portela, sinalaba que as obras necesarias, incluídas nos estudos realizados polos enxeñeiros do GEAMA da Universidade da Coruña, son competencia da Xunta de Galicia e que o concello apoiará e colaborará con Augas de Galicia en todo o necesario para levalas adiante pero que debe de ser a Xunta quen realice o proxecto para tal actuación. Declaracións do alcalde de Sada, Benito Portela, no pleno

O goberno xa lle transmitiu, tanto á Xunta como a Augas de Galicia, a súa disposición a conveniar a redacción, aprobación e execución de tales actuacións, e mesmo a vontade de contribuír financeiramente á mesma. Portela reuniuse coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e en varias ocasións cos responsables de Augas de Galicia, para presentar os estudos realizados polo GEAMA da Universidade da Coruña e solicitou unha nova cita coa conselleira unha vez que os orzamentos da Xunta non incluíron partidas destinadas a estas obras.

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Subvencións e axudas. Urbanismo. Vivenda. Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Maiores.

AXENDA