O mercado de Sada sorteará o sábado 50 quilogramos de mexillóns.

24/05/2018

O mercado de Sada sorteará o sábado 50 quilogramos de mexillóns.

-A praza de abastos de Sada participa, un ano máis, na campaña internacional “Quere o teu mercado” cun sorteo de 50 quilogramos de mexillóns.


Sada 23 maio 2018

O Concello de Sada, a través da concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente xestionada por Liss Suárez Becerra,  en colaboración coa Xunta de Galicia, prepara para o sábado, día 26, un sorteo de 50 quilogramos de mexillóns dentro do programa “Quere ou teu mercado”.

Durante os próximos días, por cada compra realizada no mercado, entregaranse unas rifas valederas para o sorteo que terá lugar o sábado pola mañá na praza de abastos. Ademáis regalaranse bolsas e contos de colorear para os nenos e nenas

Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asentan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas…que require unha dieta equilibrada e saudable. 

Un ano máis a concellería de Promoción Económica participa nesta campaña xunto coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo, co obxetivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

“Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha inciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes. Por cuarto ano consecutivo e durante a segunda quincena do mes de maio, organizaranse actividades en máis de 90 mercados de Galicia, distribuidos por todo o territorio, incentivando así a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.

Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale, e este ano únense Portugal e Brasil aos mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.

 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA