O Goberno Municipal remodelará as pistas polideportivas de Meirás

28/08/2017

O Goberno Municipal remodelará as pistas polideportivas de Meirás

O proxecto inclúe a reparación e substitución do pavimento da pista deportiva, a dotación de vestiarios e a canalización de auga e acondicionamento do parque infantil colindante.


Sada, 28 agosto 2017.

O Goberno Municipal de Sada está pendente de licitar a remodelación das pistas polideportivas da parroquia de Meirás, tras conseguir o respaldo do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) das Mariñas-Betanzos a unha vella demanda veciñal.

Na memoria do proxecto, orzado en 81.860 euros, dos cales o Concello de Sada aporta 47.400€ e o GDR 34.460€,  recóllese que os traballos darán solución a unha serie de necesidades “que debido ás súas deficiencias impiden o seu correcto funcionamento, e que afectan a cuestións como son a accesibilidade a dotacións públicas, a conectividade, así como supoñen situacións de risco para os usuarios”.

É un primeiro resumo para pasar a desagregar as necesidades das instalacións das que se recoñece que “presentan un mal estado de conservación (pavimentos das pistas deportivas e vestiarios) que fan mesmo imposible, como é o caso do parque infantil, o seu uso”.

O que se busca con este proxecto para Meirás é a reparación e substitución do pavimento da pista deportiva, a dotación de vestiarios e a canalización de auga e acondicionamento do parque infantil que está nas inmediacións, o que supón un mellor aproveitamento do espazo para o lecer e o deporte activo.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Administración local, obras e servizos. Urbanismo e emprego.

Temas:
Subvencións e axudas. Mobilidade. Deporte. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA