O goberno local recupera o Centro de Formación Ocupacional de Osedo

10/03/2017

O goberno local recupera o Centro de Formación Ocupacional de Osedo

- O goberno local de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos, proxecta o acondicionamento do Centro de Formación Ocupacional de Osedo para que volva usarse e faino coa proposta de recuperar as súas dimensións orixinais, xa que o edificio sufriu algunhas ampliacións cuestionables.


Sada 10 marzo 2017

Este proxecto, incluído dentro das obras financiadas pola Deputación, permitirá a substitución da cuberta, que se atopa moi deteriorada e tamén emendar os problemas tanto construtivos como de accesibilidade que presenta. O inmoble, de deseño rectangular, simétrico con dúas plantas nos volumes laterais e unha planta no central, conta con dúas ramplas como acceso, que deben ser substituídas, ao non cumprir a normativa. Non é o único que caerá, tamén está prevista a demolición de dous espazos engadidos que presentan deficiencias de conservación, "son totalmente inaccesibles ademais de pervertir o conxunto orixinal, e a execución dunha nova cuberta" sinala o proxecto presentado no pasado pleno.

Así mesmo, está previsto que se elimine un muro de mampostería situado na zona de aulas, para contar con espazos máis amplos, e o seu material servirá para nivelar toda a planta, actualmente a distinta cota.

Non todo é renovación, o informe destaca que se reutilizarán todas as portas de madeira do edificio e que prevén desmontar as carpintarías actuais da parte traseira, froito dunha reforma, e o muro de ladrillo da sua parte superior para chegar á arcada orixinal de mampostería, onde instalarán un novo acristalamiento inspirado nas ventás orixinais da fachada principal.

 

Tamén a cuberta recuperará o deseño primigenio, cunha única estrutura, o que se aproveitará para eliminar os ferros de fibrocemento con amianto que se atopan deteriorados. Esta non será a única intervención en canto illamento, tamén está previsto un sistema de climatización, ademais da renovación da instalación eléctrica e da iluminación. A obra, impulsada polo departamento que dirixe Miguel Tenreiro, estímase que terá un custo de 244.554 euros e que leve a cabo no prazo de tres meses desde a contratación.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Administración local, obras e servizos. Urbanismo e emprego. Osedo.

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Urbanismo. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA