O goberno local leva a pleno a mellora de 27 camiños e rúas de todas as parroquias de Sada

23/10/2017

O goberno local leva a pleno a mellora de 27 camiños e rúas de todas as parroquias de Sada

-O orzamento estimado para a mellora das infraestruturas é de máis de medio millón de euros.


Sada, 23 outubro 2017.

O goberno municipal de Sada presentará no pleno do vindeiro xoves un paquete de actuacións en 27 camiños e rúas situadas nas oito parroquias sadenses. Ás obras englóbanse nos grupos Pavimentación de vías públicas urbanas e Investimento en Camiños.

Dentro do primeiro grupo atópase a pavimentación aceras e mellora de servizos na rúa Sadadarea, obra cun orzamento de 73.000€, e mellora de servizos afectados na rúa República Arxentina, cun orzamento de 135.000€. Ambas as actuacións mellorarán as beirarrúas e servizos existentes. Substituiranse aquelas tubaxes de acometida a servizos que pola súa antigüidade presenten riscos de avaría así como o pavimento por outro máis adecuado e seguro. Igualmente mellorarase a anchura das beirarrúas adaptándoa a normativa de accesibilidade.

No referente ao investimentos en camiños as actuacións abarcan todas as parroquias do termo municipal. Segundo o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro, “faise necesario unha mellora dos camiños das parroquias que nesta primeira actuación afectará a un total casi una trintena de vías”. Desde a concellería de Obras subliñan que estas melloras súmanse as obras dos distintos plans provinciais que están actualmente en licitación e que comezarán en breve. “No periodo que resta do ano e o primeiro semestre do 2018, sinala Tenreiro, o concello acometerá obras nas rúas de Sada e nos camiños das parroquias por valor de máis de dous millóns de euros”.

O pleno do vindeiro xoves debatirá o modificativo de crédito para utilizar o remanente de tesourería no financiamento dos investimentos nos camiños. Desde a intervención municipal considéranse as actuacións que o goberno leva para a súa aprobación ao Pleno como financeiramente sostibles unha vez comprobados os requisitos e cumpridos os trámites.

En total o goberno municipal presenta ao pleno catro proxectos nos que se incluen un total de vintecinco melloras en en camiños do municipio. O proxecto dá reparación do camiño de Machado (Mosteirón) a Fraga (Osedo) e outros cinco caminos  por 71.480,76€; a reparación do camiño de San Pedro (Veigue) a Taibó (Carnoedo) por 17.820,20€; a mellora da seguridade vial no camiño de A Condesa en Castelo (Osedo) e outros cinco camiños por valor de 166.426,95€ e a mellora de seguridade vial no camiño de a Xesteira (Carnoedo) e 10 caminos máis en Meirás, Mondego e outras parroquias do termo municipal por valor de 107.132,03€.

Listado de camiños que a concellería de Obras e Servizos pretende mellorar.

-          Camiño de Machado A Fraga (Mosteirón)

-          Camiño de Carballal (Mosteirón)

-          Camiño de Trasín a Soutovello (Mosteirón)

-          Camiño de Soutovello a Mosteirón (Mosteirón) 

-          Camiño de Cirro (Veigue)

-          Camiño de Tarreo (Veigue)

-          Camiño da Lapa (Veigue)

-          Camiño da Regueira (Soñeiro)

-          Camiño da Viladona en Mandín (Soñeiro)

-          Rúa en Mandín (Soñeiro) 

-          Camiño do cementerio en Costa (Soñeiro) 

-          Camiño da Cova (Soñeiro)

-          Camiño de Samoedo (Sada)

-          Pavimentación aceras e mellora de servizos na rúa Sadadarea (Sada)

-          Mellora de servizos afectados na rúa República Arxentina (Sada)

-          Camiño de A Condesa (Osedo) 

-          Sobreancho parada autobús Souto da Igrexa (Meirás)

-          Camiño do Redondo en Vilar (Meirás)

-          Camiño de A Cañota en Vilar (Meirás)

-          Camiño de Tumbadoiro a Cimás (Meirás)

-          Camiño de A Braña de Arriba en Piñeiro (Meirás)

-          Camiño de Meirás a Fortiñón (Mondego)

-          Camiño de Amexeiral ao Valo (Mondego)

-          Camiño de Mazón no Amexeiral (Mondego)

-          Camiño de Quintán a Vertín (Mondego)

-          Camiño da Xesteira en Souto (Carnoedo)

-          Camiño de San Pedro (Veigue) a Taibó (Carnoedo)

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Subvencións e axudas. Urbanismo. Mobilidade. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA