O goberno local de Sada propón ao pleno un plan para reducir un 77% o consumo enerxético público do municipio

04/04/2018

O goberno local de Sada propón ao pleno un plan para reducir un 77% o consumo enerxético público do municipio

-O goberno local inclúe no pleno ordinario de hoxe mércores proxectos que favorecen o paso a una economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, solicitando a concesión de subvencións para cada un deles.


Sada, 4 abril 2018

O Goberno local de Sada espera reducir as súas facturas de luz e gasóleo en instalacións municipais entre un 10% e case un 80% coas obras de mellora que quere realizar e para as que presentou un proxecto ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (Idae), dependente do Ministerio de Enerxía e que xestiona fondos europeos Feder. A actuación ten un custo dun millón de euros e o IDAE financiará o 80%. Novas ventás, luces LED e mellores recubrimentos, son as principais medidas a aplicar en instalacións municipais e en iluminación.

Alumeado parroquias.

A parte que conta con máis orzamento do proxecto expón cambiar as luminarias e lámpadas da iluminación pública dun total de 54 vías e núcleos de todas as parroquias do municipio para substituílas por outras de tecnoloxía LED, de menor gasto, máis duración e menos contaminación lumínica. En total o municipio conta con 3.503 puntos de luz polo que a rebaixa na factura da luz pasará de  57.213 euros ao ano a só 12.980, un 77% menos. O orzamento desta actuación é de 450.162 euros e deberá contratarse nun ano desde a concesión da subvención.

Alumeado centro urbano.

A actuación consiste tamén en cambiar as luminarias existentes por outras novas de tipo LED para reducir o gasto en luz nas principais vías do centro urbano. O custo total da obra é de 259.382 euros e tamén se contratará no prazo dun ano. Considérase que coa mellora poderíanse aforrar 35.483 euros ao ano.

Colexio Barrié da Maza de Mondego.

Cambio de xanelas neste centro educativo de Infantil e Primaria de Mondego para instalar unhas novas de dobre cristal con maior illamento térmico e reducir así o consumo de gasoil e mellorar a envolvente térmica. Retiraranse as carpintarías actuais de aluminio e acristalamiento simple sen rotura de ponte térmica por outras de PVC lacado con dobre cristal, cámara de illamento e rotura de ponte térmica. O orzamento total da execución dos traballos é de 160.787 euros. O Executivo local estima que coa actuación pasarase dun gasto de 29.098 euros anuais en luz e gasóleo de calefacción a 27.815 euros, tamén unha redución dun 4,4%.

Calderas e bombas de calor.

Outras actuacións para as que se solicita subvención, condicionadas á obtención de cofinanciamento FEDER para a aprobación da modificación orzamentaria para levalas a cabo segundo memorias descriptivas anexas, son o cambio cambio da climatizadora na piscina municipal por outra con recuperador de calor, para redución de consumo de gasóleo, cun orzamento total de 76.307,90 euros e o subministro e instalación de dúas bombas de calor na Casa da Cultura (auditorio e biblioteca) para redución de consumo de gasóleo, cun orzamento total 61.256,01 euros.

Obras xa realizadas de aforro de consumo enerxético.

O proxecto que o goberno local presenta agora é complementario coas actuacións da concellería de Obras e Servizos xa realizadas coas que se renovaron as luminarias en varios camiños de Sada, Carnoedo, O Castro, Castelo e Meirás.

A actuación centrouse no centro urbano e tamén en viarios de varias parroquias, onde os técnicos municipais consideraban que existía unha deficiente iluminación. Neste sentido, os técnicos municipais indicaron que “obterase un aforro superior ao 61 % da potencia consumida” co cambio realizado.

“Con esta actuación conséguiuse un triple propósito. Por unha banda, reducir o consumo enerxético tanto nas zonas do proxecto como nas zonas onde a posteriori se recolocarán as luminarias retiradas. Por outro, a retirada practicamente total do vapor de mercurio de cor corrixida dá iluminación pública do termino municipal. E finalmente, e non menos importante, a mellora dá iluminación nas rúas e estradas de Sada e nas parroquias do municipio, actuación moi demandada pola veciñanza”, sinala o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro.

En total foron cinco actuacións e o investimento alcanzou os 100.000 euros, sendo sufragada a cargo dos plans provinciais da Deputación.

No caso do centro urbano actuouse sobre a avenida Barrié da Maza, unha zona con gran densidade de poboación e da que se recibiron moitas peticións de mellora. Así mesmo, Obras optou polo cambio de luminarias tamén no tramo urbano da AC-162 de Sada a Bergondo, na estrada que une Sada co centro urbano do Castro, e no tramo do viario de Sada a Espírito Santo, que tamén son moi utilizadas. Nesa zona existen numerosas infraestruturas públicas como o instituto, a gardaría municipal, o acceso ao pavillón de deportes, a pista de patinaxe, a piscina municipal e o campo de fútbol, o que supón un gran tránsito diario de nenos e de adultos.

Tamén se decidiu actuar na estrada AC-163 de Sada a Mera, no tramo de Fontán a Taibó, en Carnoedo, que tamén teñen unha alta densidade de circulación. Así mesmo, atendendo as demandas das asociacións veciñais mellorouse a iluminación na estrada que une Sada e Castelo e a de Sada a Meirás.

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Meirás. Mondego. Administración local, obras e servizos. Mosteirón. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Economía. Mobilidade. Medio ambente. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Maiores.

AXENDA