O Consello Ambiental de participación cidadá tratará a actuación na Praia de Sada

04/10/2017

O Consello Ambiental de participación cidadá tratará a actuación na Praia de Sada

-Este xoves terá lugar o Consello Sectorial de Deportes e o martes 10 de outubro o Consello Sectorial Ambiental, ambos abertos á participación de todos os veciños, asociacións e entidades interesadas.

-As seguintes xuntanzas de participación cidadá terán lugar 16 de outubro coa convocatoria do consello sectorial de Benestar Social , Muller e Saúde; o 18 de outubro, data fixada para o consello sectorial de Ensino, Infancia e Mocidade e finalmente o 19 de outubro, data na que prográmase o consello sectorial de Cultura.


Sada 4 outubro 2017. 

Os órganos de participación cidadá de Sada seguen a convocar a todas as persoas e entidades integradas nos distintos consellos sectoriais e á cidadanía en xeral ás xuntanzas que terán lugar nos próximos días. 

Este xoves 5 de outubro terá lugar o Consello Sectorial de Deportes onde, entre outras propostas, analizarase a posibilidade de aloxamento nas actividades deportivas. 

O martes 10  de outubro terá lugar a terceira reunión do Consello Sectorial Ambiental desde a súa creación. Desde este organismo convocan a todas as persoas e entidades integradas no devantido consello a esta xuntanza onde debatirase sobre a actuación na praia das Delicias e na praia Nova de Sada. 

O Consello Sectorial de Benestar Social, Muller e Saúde reunirase o 16 de outubro e entre os puntos que incluirán na orde do día destacan a campaña solidaria de Saúde Dental e as condicións actuais do Centro de Saúde de Sada. 

Seguidamente reunirase o consello sectorial de Ensino, Infancia e Mocidade o mércores 18 de outubro onde falarase da dinamización e adaptación de equipamentos municipais para a xuventude e a infancia e abordarase a igualdade de oportunidades por razón de xénero, actitudes sexistas na mocidade, o acoso escolar e os comportamentos e condutas de adicción, como poden ser ás novas tecnoloxías. 

O último consello convocado é o de Cultura que ten data fixada para o 19 de outubro. Nesta xuntanza avanzarase no regulamento de utilización de espazos culturais e darase a coñecer as estatísticas de asistencia aos actos culturais e a iniciativa cidadá do Consello Sectorial de Cultura, entre outros temas. 

Todos os consellos sectoriais celebraranse en horario de 20:00 horas no Salón de Plenos, e solicitan a aquelas persoas ou entidades interesadas na participación sobre algún dos puntos da orde do día das devanditas reunións fagan a súa achega empregando o Rexistro Municipal, escribindo á conta de correo electrónico participa.sada@gmail.com, ou solicitar a súa asistencia ás reunións empregando estes mesmos medios de contacto. 

Ferramentas de participación cidadá 

Os consellos sectoriais de Sada creáronse para establecer un medio para canalizar a participación dos cidadáns e das asociacións e entidades de Sada nos diversos sectores da actividade municipal. 

Desenvolven funcións de informe e proposta, en relación coas iniciativas municipais relativas ao sector de actividade ao que corresponda cada Consello. Ademais facilitan o asesoramento e consulta aos responsables das distintas áreas de actuación municipal e promoven o asociacionismo e a colaboración individual dentro do seu sector de actuación. 

Os sete Consellos Sectoriais que estar a funcionar en Sada son Ambiental; Deportes; Ensino, Infancia e Mocidade; Cultura; Benestar Social, Muller e Saúde; Promoción Económica e consello sectorial Recreativo e Veciñal.

Arquivado en:
Consello sectorial Ambiental. Alcaldía. Novas. Consello sectorial Deportes . Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Consello sectorial Ensino, Infancia e Mocidade . Consello sectorial Cultura. Benestar social e igualdade. Avisos. Consello sectorial Benestar Social, Muller e Saúde.

Temas:
Benestar Social. Saúde. Educación. Medio ambente. Cultura. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA