O CeMit de Sada imparte formación presencial, por videoconferencia e telemática de maneira gratuita.

12/06/2017

O CeMit de Sada imparte formación presencial, por videoconferencia e telemática de maneira gratuita.

O CeMit de Sada (Praza da Pescadería s/n), dependente da concellería de Urbanismo e Emprego, realizará durante os meses de xuño, xullo e agosto diversos cursos co obxectivo de fomentar o uso das TIC e sacarlle o máximo rendemento, polo que a programación deste trimestre vai dirixida a adultos que desexen tanto iniciarse no uso dos ordenadores, como aprender e mellorar as súas capacidades no uso dos programas máis habituais. 

Outra das liñas de formación estase a realizar por medio de videoconferencias impartidas pola Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS). Este tipo de formación é importante para sacar rendemento ao móbil para coidar a nosa saúde, gozar da cultura e comunicarnos.

Ademáis para as persoas que desexen dar os seus primeiros pasos co ordenador ou refrescar coñecemento o CeMit de Sada impartirá os curso de Iniciación á informática, Iniciación á Internet, Iniciación ao correo electrónico, Creación de textos con Writer,presentación de diapositivas con Impress, programa calculo Calc, retoca imaxes con GIMP. 

Por outra banda o CeMit de Sada tamén ofrece a posibilidade de formación online de xeito gratuíto a través do EMA, unha plataforma de teleformación pola que se pode acceder a cursos de diferentes temáticas. O único requisito é estar dado de alta como usuario/a da rede CeMIT.

 

CURSOS INFORMÁTICA

  • Iniciación á informática (14 horas): aprenderemos a manexar o rato e as principais teclas, así como a crear documentos, pasar as fotos do móbil ou da cámara e o máis importante organizar toda esa información con cartafoles. Teremos dúas quendas:

Quenda 1: Do 19 de xuño a 17 de xullo. Luns e martes de 9:00 a 10:30

Quenda 2: Do 21 de xuño a 19 de xullo. Mércores e xoves de 17:00 a 18:30

  • Iniciación á Internet (8 horas): aprenderemos a sacarlle partido a Internet aprendendo o uso dos buscadores, coñecendo páxinas de interese para o día a día, abordaremos temas de seguridade e mesmo probaremos a mercar na rede.

Quenda 1: Do 18 de xullo a 8 de agosto. Luns e martes de 9:00 a 10:30

Quenda 2: Do 20 de xullo a 10 de agosto. Mércores e xoves de 17:00 a 18:30

  • Iniciación ao correo electrónico (6 horas): crearemos a nosa conta de correo electrónico e aprenderemos a comunicanos a través desta canle, repasaremos as advertencias básicas de seguridade para o uso deste medio.

Quenda 1: Do 21 a 29 de agosto. Luns e martes de 9:00 a 10:30

Quenda 2: Do 23 a 31 de agosto. Mércores e xoves de 17:00 a 18:30

Para as persoas que desexen aprender ofimática con software libre:

  • Creación de textos con Writer (12 horas): aprenderemos a utilizar este procesador de textos para a creación de documentos, melloraremos a presentación dándolle formato ao texto, creando táboas e índices, inserindo imaxes, etc.

Do 19 de xuño a 11 de xullo. Luns e martes de 11:00 a 12:30

  • Presentación de diapositivas con Impress (8 horas): realizaremos presentacións con imaxes e textos ás que engadiremos efectos e transicións.

Do 17 de xullo a 7 de agosto. Luns e martes de 11:00 a 12:30

  • Bota conta con Calc (14 horas): coñeceremos as follas de cálculo e a súa utilidade aprendendo as principais funcións desta ferramenta, así como a creación de gráficos e a impresión dos datos.

Do 8 de agosto a 12 de setembro. Luns e martes de 11:00 a 12:30

 

Para as persoas que se queiran iniciar no retoque de fotografías:

  • Retoca imaxes con GIMP (11 horas): O GIMP é un programa de software libre para a manipulación de imaxes, neste curso aprenderemos a utilizar as principais ferramentas que nos permitan mellorar as nosas fotografías.

Do 23 de xuño a 4 de agosto. Venres de 9:00 a 10:30.

 

CURSOS POR VIDEOCONFERENCIA

Tamén continuaremos coas videoconferencias impartidas pola Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS) iniciadas o pasado 2 de xuño, nesta ocasión sacarémoslle rendemento ao móbil para coidar a nosa saúde, gozar da cultura e comunicarnos:

  • Venres 9 de xuño de 11 a 12:30: Aplicacións móbiles para coidar a túa saúde e controlar a túa actividade física.
  • Venres 16 de xuño de 11 a 12:30: Cultura en dixital: museos e audioguías para disfrutar do arte con internet e lectura dixital.
  • Venres 23 de xuño de 11 a 12:30: aprende a comunicarte a través de Internet: whatsapp, correo electrónico e aplicacións de vídeoconferencia.

 

EMA , PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN

Por outra banda o CeMit de Sada ofrece a posibilidade de formación online de xeito gratuíto a través do EMA, unha plataforma de teleformación pola que se pode acceder a cursos de diferentes temáticas. O único requisito é estar dado de alta como usuario/a da rede CeMIT.

Dende  a plataforma EMA podemos acceder aos contidos do curso de preparación do CODIX (Certificado de competencias dixitais de Galicia), que abarca o uso dos programas de ofimática en software libre writer, calc, impress e base. Lembra que cada certo tempo sae a convocatoria no DOG para a realización do exame para obter o certificado.

Tamén dende EMA podes formarte en temas tan diversos como o uso da cámara dixital, redes sociais, creación de blogs, administración electrónica, seguridade informática, etc.  Neste caso son cursos de duración curta (entre 4 e 10 horas) nos que poderás obter un diploma asinado dixitalmente e cuxa veracidade se poderá comprobar na sede electrónica da Xunta de Galicia se realizas un exame na aula CeMIT. Os exames en Sada serán:

  • Venres 30 de xuño de 11:00 a 12:30
  • Venres 21 de xullo de 11:00 a 12:30
  • Venres 25 de agosto de 11:00 a 12:30

Para realizar este exame deberás solicitar a inscrición para o exame presencial EMA e antes do día da proba terás que ter superado todos os contidos do curso, activándose a opción de "Cuestionario de avaliación".

Ademais podes facer uso libre das instalacións do CeMIT cando non se están realizando cursos, neste tempo poderás utilizar o programa para aprender mecanografía, consultar Internet, escanear documentos, actualizar o currículum, utilizar os programas de edición de vídeo, imaxes, ofimática, etc.

HORARIO CEMIT SADA

Recordamos que o CeMIT estará aberto polas mañas os luns, martes e venres de 8:00 a 14:00 e polas tardes os mércores e xoves de 14:00 a 20:00 horas.

Para máis información e/ou anotarse nas actividades na propia aula, a través do correo cemit.sada@xunta.gal ou no teléfono 981 977 265.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Urbanismo e emprego.

Temas:
Subvencións e axudas. Emprego. Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA