O asfaltado da rúa da Praia e Sadadarea restrinxirá o tráfico rodado o martes e mércores

20/06/2016

O asfaltado da rúa da Praia e Sadadarea restrinxirá o tráfico rodado o martes e mércores

Mañá martes ás 9:00 horas comezarán os traballos de asfaltado da rúa Sadadarea que se prolongarán durante os dous próximos días.

Estes labores de fresado e pavimentado da rúa levarán á restrición do tráfico rodado durante as xornadas de martes 21 e mércores 22 de xuño.

Así mesmo están previstas as obras de asfaltado da rúa da Praia durante a xornada do mércores polo que tamén se restrinxirá o tráfico de vehículos até a mañá do xoves.

Ademais destas dúas rúas realizaranse pequenos arranxos nas zonas de aparcadoiro da marxe dereita da avenida República Arxentina dirección saída e noutra zona de aparcadoiro da costa de Ouces.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Administración local, obras e servizos. Avisos.

Temas:
Turismo. Urbanismo. Mobilidade. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Maiores. Turistas.

AXENDA