O alcalde de Sada recibe aos deportistas do HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres

29/02/2016

O alcalde de Sada recibe aos deportistas do HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club

Este fin de semana celebrouse en Sada a primeira parte dun intercambio deportivo/cultural entre o CAS (Club Atletismo Sada) e o HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres


O pasado mes de maio de 2015, un grupo de directivos e adestradores do CAS realizaron unha visita a Londres, onde lanzaron aos representantes do HWAC londiniense o proxecto de intercambio.

Estas conversacións frutificaron nun intercambio deportivo/cultural do que este fin de semana produciuse a primeira parte, coa visita a Sada de dez atletas ingleses de entre 14 e 15 anos, acompañados de pais e adestradores.

A chegada dos atletas británicos produciuse o venres e regresaron a Londres desde Alvedro o domingo 27. Os mozos pasaron estes días en casas de membros do CAS quenes devolverán a visita a Londres no mes de agosto.

Nos días que estiveron de estancia en Galicia os mozos realizaron paseos e visitas turísticas tanto por roteiros de Sada como por monumentos da Coruña e realizaron competicións e adestramentos nas pistas do INEF (Oleiros).

Ademais os representantes do club Hércules Wimbledon Athletic Club's de Londres e do Club Atletismo Sada foron recibidos o pasado sábado polo alcalde de Sada, Benito Portela, quen obsequioulles cun detalle das Cerámicas do Castro e material turístico de Sada. 


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Deportes.

Temas:
Deporte.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA