Nadal en Sada 2016-2017

12/12/2016

Nadal en Sada 2016-2017

Actualizado a 28 decembro 2016

ACTIVIDADES E ACTOS QUE DESDE A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN, XUVENTUDE E SAÚDE E DA CONCELLERÍA DE CULTURA E PRAIAS, LEVARANSE ACABO DURANTE AS FESTAS DE NADAL SADA.

DESDE AQUI PODES DECARGAR TODA A INFORMACIÓN, CARTEIS OU FOLLAS DE INSCRICIÓN ÁS ACTIVIDADES PROGRAMADAS.


OBRADOIROS DE NADAL

Pola sua banda a concellaría de Educación, Xuventude, Saúde organiza os Obradoiros de Nadal. Unha oferta de actividades de lecer durante as vacacións de Nadal para rapaces e rapazas nados entre o 2012 e o 2004.

As datas de celebración serán os días 26, 27, 28, 29, 30 de decembro e 2, 3, 4 de xaneiro en horario de 09.00 a 14.00 h. Os espazos elixidos para estes obradoiros serán as instalacións do CEIP Sada e Contornos.

Os Obradoiros de Nadal serán actividades de lecer e tempo libre a realizar no periodo vacacional co obxetivo de favorecer a conciliación familiar e laboral. Nestes obradoiros as/os nenas/os van realizar actividades onde desarrollen a sua creatividade facendo adornos de temática navideña, xogos de interior e exterior, pintura, etc ...

DESCARGAS OBRADOIROS NADAL:

 

CABALGATA REIS.

 

Tamén a Concellería de Cultura e Praias inclúe na súa programación anual a organización de actividades coas que dar cumprimento as súas competencias na promoción da participación cultural activa da poboación. Unha das tradicións de profundo arraigo na nosa comunidade é a celebración das Festas de Nadal, e, de xeito particular, a organización da Cabalgata de Reis. Trátase dun desfile en comitiva por diferentes rúas do casco urbano, na que un grande público de diferentes idades, pero sobre todo público infantil, achégase a participar con grande ilusión, saudando ás Súas Maxestades e recollendo os caramelos que van deixando ó seu paso.

Como medio para aumentar a participación do público infantil e aumentar a singularidade das vivencias relacionadas coa ilusión e a maxia desta celebración, optamos por realzar a figura dos “colaboradores dos Reis Magos”, abrindo a inscrición de nenos e nenas para subir nas carrozas reais acompañando e botando unha man ás Súas Maxestades na súa visita a Sada. Polo tanto, estableceranse unhas bases que recollerán as condicións de participación co obxectivo último de realzar a vivencia dunhas datas moi especiais, dando resposta á enorme ilusión con que se achega o público infantil á figura dos Reis Magos.

DESCARGAS CABALGATA REIS:

IMPORTANTE: Todas as persoas inscritas para participar na Cabalgata de Reis que teñan o seu empadroamento en Sada, foron admitidos/as na cabalgata. Créase unha lista de agarda cos/as inscritos/as non empadroados no Concello de Sada. Para máis información OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)

 

ILUMINA O NADAL 2016. NÓS PÁGAMOS A LUZ

Con motivo das vindeiras datas, queremos animar aos comercios de Sada a que participen coa súa decoración de Nadal, co obxecto de contribuír a que o ambiente festivo que se inicia co “Acende o Nadal” se instaure nas rúas do noso pobo. A entidade organizadora deste concurso “Ilumina o Nadal”,  é o Concello de Sada a través das Concellarías de Educación, Xuventude e Saúde e a de Cultura e Praias.

Poderán participar neste concurso todos os establecementos de Sada abertos ao público (independentemente do sector ao que pertenzan) e que dispoñan dun espazo a decorar visible dende a rúa. Todos os establecementos interesados deberán cubrir un formulario online que estará dispoñible nesta web. O prazo para realizar dita inscrición estará aberto desde o día 2 até o 21 de decembro ás 00.00h.

A decoración do espazo será a propia da época, sendo imprescindible ter iluminación navideña e deixando total liberdade en canto á técnica a desenvolver, non sendo preciso grandes custes, senón deixar fluír a imaxinación. As creacións deberán permanecer coa decoración presentada dende o inicio do período de votación até o día 6 de xaneiro inclusive.

Durante o período de inscrición e ate o día seguinte (22 de decembro ás 14.00 horas), os negocios inscritos deben enviar ao correo omixsada@gmail.com a fotografía da decoración deseñada que será colgada no Facebook OMIX SADA o día 23 para o inicio das votacións.

Calquera persoa cunha conta en Facebook e que lle de a “ME GUSTA” no perfil OMIX SADA (requisito imprescindible para poder participar), poderá realizar a votación na galería de Fotos “Ilumina o Nadal” que estará habilitado dende o día 23 de decembro e até o 6 de xaneiro de 2017 ás 00.00 horas. Ten que darlle a “ME GUSTA” dentro de cada foto que considere que é gañadora, podendo facelo en máis dunha dentro desa mesma galería. Independentemente da votación, e de forma voluntaria, aqueles participantes que o desexen poden deixar o seu comentario dicindo que é o que máis lles gusta de cada decoración que elixan.

O procedemento é sinxelo. Computarase cada “ME GUSTA” de cada unha das fotografías que compoñen a galería do álbum “ILUMINA O NADAL” que integran os negocios participantes. O resultado farase público o luns 9 de xaneiro de 2017 e publicado no perfil do Facebook da OMIX SADA e na páxina web do Concello .

Os premios serán para aqueles establecementos que sexan os máis votados polo sistema anteriormente descrito, establecéndose un 1º, 2º e 3º posto. Tal e como intenta o título da iniciativa, os negocios sadenses iluminan o Nadal e o Concello axuda cunha aportación económica ao pago da luz, quedando os premios establecidos da seguinte forma:

PRIMEIRO PREMIO: Placa conmemorativa ao “Negocio que mellor ilumina Sada. Nadal 2016” para colgar no negocio e unha aportación económica de 200€.

SEGUNDO PREMIO: Unha aportación económica de 150€.

TERCEIRO PREMIO: Unha aportación económica de 100€.

 

EVENTOS E ACTIVIDADES NADAL 2016 XA ACONTECIDOS

ACENDIDO NAVIDEÑO

A concellaría de Educación, Xuventude, Saúde e a concellería de Cultura e Praias organizan a segunda edición “Acende o Nadal” que consiste na selección mediante sorteo dunha familia sadense que será a encargada de realizar o acendido navideño 2016. 

O acendido navideño terá lugar o día 2 de decembro ás 19:30 h. nun punto céntrico de Sada en función das esixencias que requira a instalación eléctrica que será anunciado días antes. 

DESCARGAS ACENDIDO NAVIDEÑO:

 

OBRADOIRO DE RESPOSTARÍA TRADICIONAL DE NADAL

A concellaría de Educación, Xuventude e Saúde organiza o 23 de decembro pola tarde un Obradoiro de Repostaría Tradicional do Nadal gratuíto e destinado a maiores de 55 anos que se celebrará nas dependencias da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

No obradoiro as personas interesadas coñecerán as características nutricionais necesarias da repostaría do Nadal para a súa etapa da vida e elaborarán eses produtos con materias primas que lles axuden a controlar o seu peso este nadal, os niveis de colesterol, tensión e azucre.

Estes ingredientes levan nutrientes que axudarán a previr o cansazo, o estreñimiento, as contracturas e as cambras musculares.

O obradoiro o impartirá un mestre repostero e un nutricionista.  Achegamos a folla de inscrición que haberá de entregarse nas oficinas da OMIX (Praza da Pescadería s/n) do 12 ao 21 de decembro.

 

CHOCOLASADA

Desde a concellerías  de Educación, Xuventude e Saúde e de Cultura e Praias, convidan tamén as familias de Sada a participar na tarde do 24 de decembro a un evento que se programa desde a Biblioteca Municipal “Ramón Suárez Picallo” en colaboración coa comunidade escolar e que leva o nome de “Chocolasada. Encontro de voces infantís por un chocolate de Nadal”.

Nenos e nenas das escolas do municipio interpretarán panxoliñas nun recital que levarase a cabo na Plaza da Pescadería as 17:00 horas do día de Noiteboa.

A actividade contará cun pasarrúas e unha degustación de chocolate con churros.

Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde. Cultura e praias.

Temas:
Turismo. Educación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA