MATRÍCULA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA CURSO 2018-2019

14/06/2018

MATRÍCULA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA CURSO 2018-2019

14/06/2018 - LISTA PROVISIONAL DE ALUMANDO ADMITIDO CURSO 2018-2019

Impreso de formalización matrícula novo alumnado

Anuncio Matrícula Curso 2018-2019

Cuotas Curso 2018-2019

Especialidades Curso 2018-2019

Horario Curso 2018-2019


A concellería de Educación, Xuventude e Saúde abre prazo para a renovación de matrícula e admisión de novo alumnado da EMM Sada.

1.- RENOVACIÓN DA MATRÍCULA CURSO 2018-2019

Do 1 ao 11 de xuño  só para alumnado xa matriculado na Escola Municipal de Música no curso anterior .

Deberase cubrir o impreso de renovación de matrícula que pode obterse na Casa da Cultura, no Rexistro do Concello, na Oficina da Xuventude ou podes descárgalo aquí.

Unha vez abonado o importe da matrícula na entidade bancaria, presentar o impreso no Rexistro Xeral do Concello, debidamente cumprimentado e selado pola entidade bancaria, ata o 11 de xuño.  

Ningún alumno ou alumna poderá matricularse si ten recibos pendentes de pago .

Exclusivamente para alumnado que curse 1º de linguaxe musical no presente curso, cubrir no impreso de renovación de matrícula a elección do instrumento. Para o curso 2018-2019 o alumnado poderá elexir entre as seguintes especialidades:

  • 6 prazas: Canto Moderno
  • 2 prazas: Frauta traveseira
  • 2 prazas: Guitarra
  • 1 praza: Saxofón
  • 2 prazas: Percusión
  • 2 prazas: Piano
  • 1 praza: Trompa
  • 2 prazas: Trompeta
  • 2 prazas: Violín

Se o número de solicitudes supera as prazas dispoñibles nalgunha das opcións ofertadas, a adxudicación dos instrumentos farase por medio dun SORTEO PÚBLICO  que terá lugar o día 18 de xuño ás 18:00h. na Aula 1 da Escola de Música (Casa da Cultura) .

Os/as solicitantes que non obteñan praza quedarán en listaxe de espera para cubrir posibles baixas que teñan lugar durante os primeiros tres meses do curso lectivo.

O alumnado que non formalicen a matrícula dentro do prazo serán dados de baixa para o curso 2018-2019.

O alumnado que pertenza a Banda Municipal ou ao Coro Municipal de adultos deberán cubrir o impreso de matrícula, indicando na casilla correspondente a que formación pertencen.

2.- PRESINSCRICIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2018-2019

Do 1 ao 11 de xuño. Só para alumnado de novo ingreso.

Deberase cubrir os impresos de preinscrición para novo ingreso, que poderán obterse na Casa da Cultura, no Rexistro Xeral do Concello, na Oficina da Xuventude ou podes descárgalo aquí.

Presentar o impreso no Rexistro Xeral do Concello debidamente cumprimentado (Edificio de Servicios administrativos, Avda. da Mariña nº 25 Planta baixa. Horario: Luns a Venres de 9 a 14 horas)

A preinscripción é obligatoria para todas aquelas solicitudes de novo ingreso.

Para acceder ao curso Música e Momevento I, o neno ou nena terá cumpridos os 5 anos de idade antes do 1 de Xaneiro de 2019.

Ofértanse as seguintes prazas:

  • Música e movemento I : 12 prazas 
  • Música e movemento II: 6 prazas 

No suposto de que o número de solicitudes supere as prazas dispoñibles nalgunha das opcións ofertadas, a adxudicación dos instrumentos faráse un SORTEO PÚBLICO.

O sorteo público terá lugar o día 18 de xuño do 2018 ás 18:30h. na Aula 1 da Escola de Música (Casa da Cultura, Pintor Lloréns). 

Todos e todas aquelas solicitantes que non consigan praza quedarán automáticamente en listaxe de agarda, para cubrir posibles baixas que se produzan durante os primeiros tres meses do curso lectivo.

3.-FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Do 14 ao 22 de xuño.

Impreso de formalización matrícula novo alumnado

Os impresos de formalización de matrícula para o alumnado de novo ingreso poderán obterse na Casa da Cultura, no Rexistro Xeral do Concello, na Oficina da Xuventude ou na páxina web do Concello (a disposición na web a partir do 14 de xuño).

Unha vez, abonado o importe da matrícula na entidade bancaria, presentar o impreso no Rexistro Xeral do Concello (Edificio de Servicios administrativos, Avda. da Mariña nº 25 Planta baixa. Horario: Luns a Venres de 9 a 14 horas) debidamente cumprimentado e selado pola entidade bancaria.

A non formalización da matrícula dentro do prazo establecido, entenderase coma renuncia da praza, cubríndose ésta por riguroso orde da listaxe de espera.

Todos e todas aquelas solicitantes que non consigan praza quedarán automáticamente en listaxe de espera, para cubrir posibles baixas que se produzcan durante os primeiros tres meses do curso lectivo.

Por razóns didácticas, non se admitirá novo alumnado dende o 1 de Xaneiro do 2019

A lista provisional de alumnado admitido será exposta no taboleiro da Escola Municipal de Música e no taboleiro de anuncios do Concello o día 14 de xuño.

A lista de novo alumnado admitido será exposta no taboleiro da Escola Municipal de Música e no taboleiro de anuncios do Concello o día 25 de xuño.

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Educación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA