Matrícula Escola Municipal de Música - Curso 2017-2018

13/06/2017

Matrícula Escola Municipal de Música - Curso 2017-2018

Actualizado a 14 xuño 2017

A concellería de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, abre o prazo de matrícula para a Escola Municipal de Música para o curso 2017-2018.


Renovación da matrícula para e Preinscrición do novo alumnado para o curso 2017-2018: Do 1 de Xuño ao 9 de Xuño .

Formalización da matrícula do alumnado de novo ingreso: Do 16 de Xuño ao 23 de Xuño.

 

  • RENOVACIÓN MATRÍCULA

Só para alumnado xa matriculado na Escola Municipal de Música no curso anterior.

Unha vez abonado o importe da matrícula na entidade bancaria, presentar o impreso no Rexistro Xeral do Concello, debidamente cumprimentado e selado pola entidade bancaria, ata o 9 de Xuño. (Registro Xeral do Concello: Edificio de Servicios administrativos, Avda. da Mariña nº 25, Planta baixa. Horario: Luns a Venres de 9 a 14 horas)

Ningún alumno ou alumna poderá matricularse si ten recibos pendentes de pago.

O alumnado que actualmente esté cursando 1º de Linguaxe Musical deberá cubrir no impreso de renovación de matrícula a elección do instrumento.

Para o curso 2017-2018 o alumnado poderá elexir entre as seguintes especialidades:

2 prazas: Clarinete

3 prazas: Frauta traveseira

1 praza: Guitarra

1 praza: Saxofón

2 prazas: Percusión

2 prazas: Trompa

2 prazas: Trompeta

1 praza: Bombardino

1 praza: Violín

Se o número de solicitudes supera as prazas dispoñibles nalgunha das opcións ofertadas, a adxudicación dos instrumentos farase por medio dun SORTEO PÚBLICO que terá lugar o día 13 de Xuño ás 19 horas na Aula 1 da Escola de Música (Casa da Cultura) .

Os/as solicitantes que non obteñan praza quedarán en listaxe de espera para cubrir posibles baixas que teñan lugar durante os primeiros tres meses do curso lectivo.

O alumnado que non formalicen a matrícula dentro do prazo serán dados de baixa para o curso 2017-2018.

O alumnado que pertenza a Banda Municipal ou ao Coro Municipal de adultos deberán cubrir o impreso de matrícula, indicando na casilla correspondente a que formación pertencen.

 

  • PREINSCRICIÓN NOVO ALUMNADO

Só para alumnado de novo ingreso.

Preinscrición novo alumnado curso 2017-2018 do 1 de Xuño ao 9 de Xuño. (A preinscripción é obligatoria para todas aquelas solicitudes de novo ingreso)

Os impresos de preinscrición para novo ingreso, poderán obterse na Casa da Cultura, no Rexistro Xeral do Concello, na Oficina da Xuventude ou nesta mesma páxina. (Registro Xeral do Concello: Edificio de Servicios administrativos, Avda. da Mariña nº 25, Planta baixa. Horario: Luns a Venres de 9 a 14 horas)

Presentar o impreso no Rexistro Xeral do Concello debidamente cumprimentado.

Para acceder ao curso Música e Movemento I, o neno ou nena terá cumpridos os 5 anos de idade antes do 1 de Xaneiro de 2018.  

Música e movemento I : 12 prazas

Música e movemento II: 6 prazas

No suposto de que o número de solicitudes supere as prazas dispoñibles nalgunha das opcións ofertadas, a adxudicación dos instrumentos faráse por medio dun SORTEO PÚBLICO que terá lugar o día 13 de Xuño do 2017 ás 19 horas na Aula 1 da Escola de Música (Casa da Cultura, Pintor Lloréns) .

Todos e todas aquelas solicitantes que non consigan praza quedarán automáticamente en listaxe de espera, para cubrir posibles baixas que se produzan durante os primeiros tres meses do curso lectivo.

 

  • FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ALUMNADO NOVO INGRESO

A Formalización da matrícula do alumnado de novo ingreso terá lugar do 16 de Xuño ao 23 de Xuño.

Os impresos de formalización de matrícula para o alumnado de novo ingreso poderán obterse na Casa da Cultura, no Rexistro Xeral do Concello, na Oficina da Xuventude ou nesta mesma páxina. (Registro Xeral do Concello: Edificio de Servicios administrativos, Avda. da Mariña nº 25, Planta baixa. Horario: Luns a Venres de 9 a 14 horas)

 

Unha vez, abonado o importe da matrícula na entidade bancaria, presentar o impreso no Rexistro Xeral do Concello, debidamente cumprimentado e selado pola entidade bancaria.

A non formalización da matrícula dentro do prazo establecido, entenderase coma renuncia da praza, cubríndose ésta por riguroso orde da listaxe de espera.

Todos e todas aquelas solicitantes que non consigan praza quedarán automáticamente en listaxe de espera, para cubrir posibles baixas que se produzcan durante os primeiros tres meses do curso lectivo.

Por razóns didácticas, non se admitirá novo alumnado dende o 1 de Xaneiro do 2018

A lista provisional de alumnado admitido será exposta no taboleiro da Escola Municipal de Música e no taboleiro de anuncios do Concello o día 14 de Xuño.

A lista de alumnado admitido será exposta no taboleiro da Escola Municipal de Música e no taboleiro de anuncios do Concello o día 27 de Xuño.  

Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA