MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL CURSO 2016-2017

19/09/2016

MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL CURSO 2016-2017

Actualizado a 19 de setembro 2016

A Escola Municipal de Música de Sada é un centro de formación musical onde teñen cabida todas aquelas persoas que queiran aprender, coñecer e gozar da música sen límite de idade e sen que sexan necesarias unas aptitudes específicas previas, contribuíndo ao acceso da música participativa.

A EMS ten unha ampla oferta educativa, instrumental e vocal, aberta a todas as tendencias musicais. Dende a escola se promove a apreciación e o coñecemento da música dende a infancia e desenvolve o interese pola participación en diversas agrupacións instrumentais e vocais.

Outro dos obxectivos da escola é fomentar a repercusión da actividade musical do centro no noso municipio, organizando e participando en diferentes actividades, concertos e festivais.


ANUNCIO MATRÍCULA CURSO 2016-2017

IMPRESO PREINSCRICIÓN CURSO 2016-2017

- IMPRESO RENOVACIÓN PLAZA CURSO 2016-2017

FOLLETO ESCUELA MÚSICA

 

MATRÍCULA CURSO 2016-2017

PRAZOS:

Preinscripción novo alumnado: Do 1 ao 9 de Xuño Para acceder ao curso Música e Movemento I o neno ou nena terá cumpridos os 5 anos de idade antes do 1 de Xaneiro de 2017.

Renovación da matrícula: Do 1 ao 9 de Xuño O listado de prazas vacantes de instrumentos para o alumnado que cursou 1º de Linguaxe Musical no presente curso 2015/2016 faráse publico no taboleiro da escola o 27 de Maio.

Formalización matrícula novo alumnado: Do 16 ao 23 de Xuño Unha vez abonado o importe da matrícula na entidade bancaria presentar o impreso selado e cumprimentado no Rexistro Xeral do Concello.

Listaxe provisional de Alumnado admitido: 14 de Xuño

Listaxe definitiva/adxudicación de plazas: 28 de Xuño

ESPECIALIDADES QUE SE IMPARTEN:

MÚSICA E MOVEMENTO I - Alumnos dende 5 anos.

MÚSICA E MOVEMENTO II - Alumnos dende 6 anos.

LINGUAXE MUSICAL I a V.

LINGUAXE MUSICAL ADULTOS.

PERCUSIÓN.

VIOLÍN.

CORO INFANTIL.

CORO ADULTOS

Ós coros poderá apuntarse calqueira persoa, pertenza o non a escola. Actividade gratuita.

CUOTAS:

Importe de matrícula (pago anual único):  

Matrícula normal: 30€ .

Familia numerosa categoría xeral: 20€

Familia numerosa categoría especial: 15€

Importe Especialidades: (Cuota normal /Familia numerosa).

Música e Movemento I - II: 12€ /10€

Lenguaxe Musical: 15€/12€

Clarinete: 20€/15€

Frauta : 20€/15€

Guitarra: 30€/25€

Percusión: 20€/15€

Piano: 30€/25€

Saxofón: 20€/15€

Violín: 30€/25€

Viola: 30€/25€

IMPRESOS E INSCRIPCIÓN:

Os impresos xa están dispoñibles na Casa da Cultura, Rexistro Xeral do Concello, Oficina da Xuventude también podes descargalos aquí. A inscripción faráse no Rexistro Xeral do Concello en horario de Luns a Venres de 9 a 14 horas e sábados de 9 a 13 horas. 

Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Formación. Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA