Máis de 150 fotografías de Sada se presentaron ao concurso do Movemento Cultural Esperto

09/11/2017

Máis de 150 fotografías de Sada se presentaron ao concurso do Movemento Cultural Esperto

-A exposición das fotografías finalistas no concurso está aberta na casa da Cultura Pintor Lloréns ata o 19 de novembro.

-Segundo o concelleiro nacionalista, Liss Suárez Becerra a exposición “é un xeito inmellorable de abrir a fiestra de Sada cara a todos os públicos pois interprétase a nosa paisaxe, a nosa xente, a nosa Ría o Porto ou ás persoas. Non hai mellor promoción de Sada que o xeito de vela por parte de los que nela residen e visitan”


Sada 8 novembro 2017

O movemento cultural Esperto, en colaboración coa Concellería de Promoción Económica, expón ata o día 19 de novembro na Casa da Cultura as 22 fotos finalistas do primeiro concurso fotografía organizado por Esperto, de entre as cales serán escollidas dúas que serán recoñecidas co primeiro e segundo premio do concurso e dotadas con 500 e 200 euros respectivamente. Asemade  na exposición está incluída a obra gañadora do concurso infantil e todos recibirán as súas distincións o día de peche da mostra.

A celebración deste concurso está a supoñer un enorme suceso pois foron recibidas máis de 150 capturas de fotógrafos e fotógrafas afeccionados que tiñan coma requisito principal a obriga de facer a foto dentro do termo municipal de Sada. Aqueles que se acheguen durante estes días a Casa da Cultura poderán observar obras costumbristas, artísticas, retratos, naturezas mortas, reflexos e moitos mais interpretados tanto en cor coma en branco e negro.

Segundo o concelleiro nacionalista, Liss Suárez Becerra “é un xeito inmellorable de abrir a fiestra de Sada cara a todos os públicos pois interprétase a nosa paisaxe, a nosa xente, a nosa Ría o Porto ou ás persoas desde o punto de vista de, precisamente, persoas. Non hai mellor promoción de Sada que o xeito de vela por parte de los que nela residen e visitan. O traballo que está a realizar Esperto xunto con esta concellería acada crear sinerxías entre hostalería comercio e arte o que se constitúe coma un efecto diferenciador  xa que non hai ningún evento na contorna que este a altura do que o movemento Esperto ofrece estes días e que ademáis encaixa a perfeción coa intención de desestacionalizar e apostar pola diversidade de públicos que atraer á nosa vila durante todo o ano”.

Esta exposición de fotografía enmarcase dentro dunha ambiciosa programación que traerá a Sada durante este mes de novembro e unha parte de decembro exposicións, musica, artes plásticas, cine, experiencias sensorias varias, viticultura, maridaxes e moito máis con nomes tan destacados coma Miguel Anxo Prado, Daniel Landa, Isaac Pedrouzo, Pedro Roldán... 

Estas actividades inclúen a presentación no edificio modernista da Terraza do estreo da curtametraxe “Isto é o que acontecerá” protagonizada por Isabel Risco e tamén a actuación do grupo “Som do Galpóm” o día 2 decembro  e que rematan unha semana despois coa presentación do poemario  de Paris Joel  seguido dun concerto do polifacético artista e amigos.

 

Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada.

Temas:
Turismo. Cultura.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA