LETRAS GALEGAS 2018

08/05/2018

LETRAS GALEGAS 2018

A concellería de Cultura e Praias con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio,  organiza actividades e programa actos que terán lugar ao longo do mes.

Desde a concellería se quere animar aos veciños e veciñas de Sada a participar no concurso “Café con verbas” polo que solicitan a colaboración dos locais de hostelería e dos comercios do municipio aos que tamén animan a participar no concurso "Mira ti que verbas".


LETRAS GALEGAS 2018. PROGRAMACIÓN ACTOS DA CONCELLERÍA DE CULTURA

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebraremos "As Nosas Letras" en Sada. Comeza a programación ás 18:00 co Salón do Libro, no que os autores e autora sadenses que teñen obra publicada no 2017 farán a presentación das súas publicacións acompañados en concerto de Bea a da Estrella. Contaremos con Vanesa Santiago, Paris Joel, Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi.

Continuamos ás 20:00h cunha obra homenaxe a María Victoria Moreno de Matrioshka Teatro "Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos"

LETRAS GALEGAS 2018: CONCURSOS DE PARTICIPACIÓN POPULAR

A concellería de Cultura e Praias con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, quere animar aos veciños e veciñas de Sada a participar no concurso “Café con verbas” polo que solicitan a colaboración dos locais de hostelería e dos comercios do municipio. 

Inscrición establecementos de hostalería no CAFÉ CON VERBAS: envíanos un correo a sada.cul@sada.gal.

Inscrición establecementos comerciais con escaparate no MIRA T! QUE VERBAS: Cubrir o formulario online clicando eiquí. 

 


Arquivado en:
Novas. Avisos. Cultura e praias.

Temas:
Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA