INFORMACIÓN INUNDACIÓNS

31/03/2016

INFORMACIÓN INUNDACIÓNS

ACTUALIZADO ÁS 13:00 HORAS - 31/03/2016

AS PERSOAS DAMNIFICADAS POLAS INUNDACIÓNS SERÁN INFORMADAS NOS SEGUINTES TELÉFONOS:

CONCELLO - 981 620 075 

SECRETARÍA DEL ALCALDE - 608 411 873

SERVIZOS SOCIAIS - 698 172 454


INSTALADO UN PUNTO DE INFORMACIÓN PARA ASESORAMIENTO AOS VECIÑOS AFECTADOS POLAS INUNDACIÓNS

Debido ás inundacións sufridas o pasado día 30 de marzo moitos inmobles e vehículos víronse afectados con danos.

O Concello roga a todos os veciños e veciñas con vehículos e inmobles (vivendas, baixos, trasteiros, garaxes, locais comerciais, etc.) afectados polas inundacións acudan ao PUNTO DE INFORMACIÓN PARA ASESORAMENTO AOS VECIÑOS instalado  a tal efecto no Concello (Avenida dá Mariña, 25).

Horario do PUNTO DE INFORMACIÓN PARA ASESORAMENTO AOS VECIÑOS

Luns a vernes: 8:00-15:00 horas

Sábados: 9:00-13:00 horas

PORTELA RECLAMA A FEIJOO RAPIDEZ NA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA OS AFECTADOS DAS INUNDACIÓNS.

Ler noticia.

O GOBERNO LOCAL ANALIZARÁ COA XUNTA A MELLORA NA CANALIZACIÓN DO RÍO

Ler noticia

O PUNTO DE ASESORAMENTO COS AFECTADOS POLAS INUNDACIÓNS TRAMITARÁ AS AXUDAS QUE O ALCALDE XESTIONOU COA DELEGACIÓN DO GOBERNO

Ler noticia

BENITO PORTELA INSISTE NAS ADMINISTRACIÓNS PARA QUE SE COMPENSE AOS AFECTADOS E SADA NON VOLVA A SUFRIR INUNDACIÓNS

Ler noticia

JUAN TABOADA, DE METEOGALICIA, EXPLICA O SUCEDIDO CLIMATOLOXICAMENTE OS DÍAS 29 E 30 DE MARZO.

 

- Vídeo Juan Taboada, meteorólogo.

LUIS MENOR, DIRECTOR XERAL DE EMERXENCIAS DE GALICIA, DECLARA QUE AS MEDIDAS DE EMERXENCIA APLICADAS EN SADA FORON EFICACES E CORRECTAS.

- Declaracións de Luis Menor 

O PLENO APROBA A SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE ZONA AFECTADA GRAVEMENTE POR UNHA EMERXENCIA DE PROTECCIÓN CIVIL

- Audio pleno ordinario 31/3/2016

CONSORCIO DE SEGUROS (31/3/2016)

O Concello de Sada recomenda a todos os afectados polas inundacións que teñan seguro póñanse en contacto coa delegación da Coruña do Consorcio de Seguros para expor a súa situación e dar parte de danos.

Consorcio de Compensación de Seguros - 981 145 231

Horario de Atención: 9:00 a 18:00 horas.

Documentación para baixos e vivendas e documentación para vehículos.

CANCELACIÓN SWAP PARTY E FEIRÓN (31/3/2016)

A concellería de Promoción Económica e Turismo apraza a celebración do SWAP PARTY que debería celebrarse o vindeiro domingo e cancela a celebración do FEIRÓN para este sábado.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL NO PLENO DE HOXE (31/3/2016)

O goberno local convocou onte ás 22:30 horas unha Xunta de Portavoces Extraordinaria por mor das inundacións que sufriu Sada e para dar conta dos pasos que se levaron a cabo.

Á Xunta de Portavoces acudiron os portavoces de cada grupo político da corporación sadense. Sadamaioría - PSOE- BNG- PP e PDSP.

Na reunión acordaron facer hoxe no Pleno Ordinario, que se celebrarás as 20:00 horas na Casa do Concello,  unha declaración institucional para solicitar que se declare Sada zona catastrófica

COMUNICADO INUNDACIÓNS (30/03/2016)

O alcalde de Sada, Benito Portela, recibiu de madrugada a chamada dos servizos de emerxencia alertando de inundacións na zona de As Brañas-A Lagoa.

Dende as 4:00 horas de hoxe estivo coordinando o servizo de emergencia que nun primeiro momento estaba composto por SEM (Servizo Emergencias Municipal) e Policía Local e ao que se sumaron a brigada de Obras e Servizos, o parque comarcal de Bombeiros, Viaqua,  Axencia Galega Emerxencias, Cruz Vermella, Distrito Forestal Betanzos Medio Rural e 112 Galicia.

Logo de estar toda a mañá nas distintas rúas onde se produciron as inundacións, interesandose pola situación e falando con veciños e comerciantes para coñecer os danos producidos, o alcalde convocou para as catro desta tarde unha reunión con todos os axentes implicados nos labores de seguridade, emerxencia e asuntos sociais para avaliar as consecuencias das inundacións que afectaron a parte do centro urbano e varias parroquias do municipio.

Á reunión acudiron o alcalde de Sada, Benito Portela; o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro; a concelleira de Benestar Social, Isabel reimundez; o inspector da policía local; a xefa do departamento servizos sociais; Cruz Vermella e SEM (servizos de emerxencia municipal).

Na reunión abordáronse as consecuencias das inundacións que afectaron a numerosos veciños e establecementos e as medidas a tomar ante a próxima pleamar ás 21:00 horas.

Ademais estableceuse, coa coordinación se servizos sociais do Concello de Sada, o realoxo e a manutención dos veciños e veciñas afectados para os próximos días.

Neste sentido este mediodía ás persoas que tiveron que ser evacuadas das súas casas e que non puideron volver ofrecéuselles a posibilidade de poder acceder a un restaurante para poder xantar. Así mesmo desde o Concello dispúxose un avituallamiento para aquelas persoas que non quixeron desprazarse lonxe das súas casas.

Esta noite para as persoas que non poidan acceder aos seus domicilios o Concello de Sada disporá o Albergue de Gandario, tras conversacións coa Xunta de Galicia.

A próxima reunión de avaliación das inundacións en Sada producirase ás 19:00 horas.

O Concello de Sada e en particular o alcalde, Benito Portela, quere ademais agradecer a todos os organismos que colaboraron até o momento cos labores de axuda, empezando polos servizos propios do Concello como son Policía Local, Servizos de Emerxencia Municipal , Brigada de Obras e Servizos e persoal de Servizos Sociais a quen o alcalde agradece a súa colaboración e dedicación.

Ademais mostra o seu agradecemento a:

Concello da Coruña

Delegado Territorial Xunta Galicia – Diego Calvo

Axencia Galega Emerxencias

Cruz Vermella

Distrito Forestal Betanzos Medio Rural

Viaqua

Jefe Territorial Educación – Indalecio Cabana

112 Galicia 

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Administración local, obras e servizos. Benestar social e igualdade. Urbanismo e emprego.

Temas:
Benestar Social. Saúde. Urbanismo. Medio ambente. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Dependencia.

AXENDA