II Milla Urbana de Sada

13/04/2016

II Milla Urbana de Sada

O Club Atletismo Sada e a Federación Galega de Atletismo, organizaron o pasado 10 de abril a II Milla Urbana de Sada, proba valedoira para o Campionato de Galicia da distancia en categorías Veterano e absoluto, tanto masculino como feminino. Ademais celebrouse o Campionato de Galicia para as categorías cadete, infantil, alevin e benjamín na distancia de 1.000 metros e paralelamente celebráronse carreiras populares nas mencionadas distancias.

Gran participación a pesar da choiva, sobre todo nas primeiras horas da mañá. En total máis de 800 corredores, en todas as categorías, déronse cita en sada para disputar a Milla Urbana.

Desde o Club Atletismo Sada realizan unha especial mención e agradecemento ao grupo de voluntarios e voluntarias do CAS, que desde as 7 da mañá, coincidindo coas choivas máis fortes, montaron o circuíto e dispuxeron toda a loxística. 

Agradecemento que tamén fan extensivo á Policia Local, que con 5 axentes controlaron o tráfico de todo o circuíto, permitindo que se desenvolvese toda a xornada atlética sen incidencias. Desde o CAS destacan que "o traballo de planificación desarrolado nos días previos, sen dúbida deu uns magníficos resutlados" polo que agradecen e dan as grazas "ao inspector da Policía Local, José Pedreira e todos os membros da Polcía Local que participaron".

Así mesmo desde o CAS realízase un recoñecemento para todos os Clubs e atletas que se desprazaron de toda Galicia a pesar das previsións climatologicas. 


No estritamente atlético, gran xornada nun dos circuítos máis rápidos de Galicia. Mostra diso, que a pesar da choiva e o vento, batéronse os records galegos de 1000 metros en categorías cadete e infantil.

Celebrouse en paralelo a Milla Popular para dar cabida a toda a actividade atlética que se move en Sada, e neste apartado destacaron as atletas e os atletas do CAS

Resultados II Milla Urbana de Sada

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Deportes.

Temas:
Mobilidade. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.