I Feira do Libro e Disco Antigo e de Ocasión de Sada

29/09/2016

I Feira do Libro e Disco Antigo e de Ocasión de Sada

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, xestionada por Liss Suárez Becerra, organiza os días 15 e 16 de outubro a I Feira do Libro e Disco Antigo e de Ocasión nunha carpa instalada no Paseo Marítimo.

- Bases participación I Feira do Libro e Disco Antigo e de Ocasión de Sada

- Modelo de inscrición na I feira do Libro e Disco Antigo 


Poderán participar na Feira todas aquelas persoas que realicen a solicitude en tempo e forma. O prazo para presentar as solicitudes será do 1 ata o 10 de outubro. As solicitudes deberán enviarse no modelo de inscrición debidamente cumprimentado 

O horario de venta ao público o día 15 de outubro será de 15:00 ás 00:00 horas e o do dia 16 de outubro será de 10:00 ás 18:00 horas.

A organización resolverá as solicitudes e notificará a concesión de posto. Unha vez notificada a súa participación deberan facelo ingreso da taxa no prazo de tres días hábiles seguintes ao recibo da notificación. A taxa polos dous días do evento é de cincuenta e cinco euros (55 €).

O envío da solicitude supón o coñecemento e aceptación das bases que poden descargarse nesta páxina.. 

Arquivado en:
Novas. Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Economía. Turismo. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA